miércoles, 25 de mayo de 2011
Guía do autoestopista galáctico
Falo da ciencia-ficción, do Sci-Fi ou do Ci-Fi (ou como diría miña avoa "as cousas esas raras dos cobetes no espazo"), e en concreto falarei dun dos mellores libros do xénero que deu coma fruto unha das peores adaptacións ó cine: A guía do autoestopista galáctico.
Para quen non lera o libro é máis que recomendable facelo, non é moi largo, é facilmente accesible para todo o mundo (aínda cara aqueles os que nos lles entusiasma a ciencia ficción) e asegura máis dun par de horas de risa. Tamén ten varias continuacións nas que practicamente no fai falla terse lido os anteriores para enterarse porque non parten do mesmo (bueno no caso do segundo tampouco fai falla, pero sí sería boa idea lerse o primeiro). Pero deixemos de falar de cousas boas e pasemos a falar da bazofia que a película.
Tanto a película como o libro segue as peripecias de Arthur Dent o único hombre supervivinte da terra,, totalmente normal, que cando van a derribar a súa casa para construír unha autoestopista é advertido por un amigo seu que resultou ser un aliénixena, de que van a derribar a terra, e que no último momento os salva. O título é o do libro máis importante do universo, a guía do autoestopista galáctica no cal traballa o amigo de Dent, pero mentres que o libro consigue fíar e manter de forma que resulta case consecuencias lóxicas (o cal é incríble tendo en contra todo o absurdo e ilóxico do libro), na película resultan escenas semisoltas pouco fiadas.
Isto non quita que a película sexa entretida, nin graciosa, que o é, pero todo o gracioso e entretido que ten débello o libro, non ten nin unha pizca de orixinalidade, e as poucas que ten resultan ser as menos divertidas. Por outro lado os efectos especiais son esaxerados e pouco cribles, iso si, o feito de ver un home con dúas cabezas (unha mal animada) resulta bastante máis razoable é menos forzado a vista que as propias actuacións dos protagonistas, que cando non son sosímas, son tremendamente esaxeradas. Como dato, o mellor actor da película é maldito robot depresivo con voz monótona, creo que isto basta para darse unha idea.
Non vou mencionar cambios na trama (que no fondo non son tan graves) e demáis para non crear spoilers innecesarios, só direi dous consellos: Sempre leva unha toalla e Non teñas medo. Ahhh e 42.
jueves, 19 de mayo de 2011
Ir acampar, que é perífrasis verbal
domingo, 1 de mayo de 2011
A aventura máxica de merliño
En concreto centrarémonos en dous: A aventura máxica de Merliño e Lugo no Tempo. O primeiro unha aventura gráfica educativa e a segunda unha aventura gráfica política?, educativa?, turística?. O que demostra que as aventuras gráficas sempre interesaron ós galegos ou moítisimo menos problable, que só se fan porque costan menos de facer.
Merliño: A aventura máxica de Merliño é unha aventura gráfica ( de ahí o de aventura) que transcurre no entorno máxico/mitolóxico de distiontos pobos e cidades de Galicia (de ahí o de máxico) e que é máis fácil de pasar que ata o kirby máis sinxelo. Foi producida e creada polos estudantes de último curso do UV (Universidade de Vigo, por iso tódalas localizacións están en Coruña, se non son listos nin nada). Os gráficos do xogo non están mal para unha aventura gráfica independente, pero a historia xa é outra cousa. O protagonista, o que chamaremos rapaz pesado (pero que se chama Merliño), está de vacacións na casa da súa avoa na aldea, esta vaise facer uns recados e deixao a el na casa. O rapaz sube e encontra un libro que ó abrirse desata ó mago Xerión ó que venceu Hércules e de paso a un trasgo axudante (que no xogo dache axudas moi vagas e levate a outros sitios só se lle das un obxecto relacionado con eles) A isto a avoa volta e o rapaz pesado cóntalle o estropicio que fixo ( isto pasa por deixar rapaces de 12 anos sós nunha minicasa no medio do bosque sen Play nen Internet, abúrrense e acaban desatando o mal sobre a Terra) e en vez de chamar a alguén que lles axude ou facer ela algo, como boa avoa que é respóndelle o equivalente a se ti o rompeches, ti o arreglas.
O xogo sigue transcurríndo por diversas localizacións (San andrés de Teixido; Un castro; As covas do rei centolo; Ribeira, Santiago e A Coruña) onde seguindo as regras típicas destes xogos coñeces a diferentes personaxes (destacados O Borracho e O membro da Santa Compaña, o resto son moi prototípicos e sen carisma) que a cambio de facer cousiñas sen importancia danche pistas sacadas das lendas populares para vencer os malos malosos (tamén saídos das lendas) que son a saber: a Muller 10 que enfeitiza ós homes, Mouro, versión malvada do Trasgo bo (que por certo con dous frases que di e é o personaxe máis decente), unha bruxa calqueira e Xerión. Conseguir pasa-las probas e bastante sinxelo e a forma de vencer a Xerión en tan fácil que me da pena ata comentala, pero ningún feiticeiro poderoso que so puido ser vencido por Hércules merece ser vencido por un rapaz de 12 anos e só gracias a que sabe un par de contos populares.
- O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.
viernes, 22 de abril de 2011
Paixón de Fefiñáns
lunes, 18 de abril de 2011
Novas: viva a normalización
jueves, 14 de abril de 2011
Xabarín Club 1
Empeza con este post un pequeno monográfico recuperado sobre o programa que máis influencia tivo na miña xeración, case ata autodesignarnos co seu nome. Falo do programa da cadea galega: O Xabarín Club, que fai uns poucos anos, por algunha decisión aínda incompresíble decidiron colocar na grella a iso das 10 da mañá (que claró é cando todo os nenos ven a tele, ou a verían se non estivésen na fodida escola)
Empezarei tirando da whikipedia como ser repugnante que son: O xabarín club foi un programa creado en 1994 (co cal pouco me podo acordar do seu nacemento) por Antonio Blanco e a súa etapa de maior éxito rondou sobre mediados-finais dos noventa.
O xabarín consistía e consiste na idea (nunca usada, por certo) de ir enlazando series de debuxos animados introducidos por un presentador mentras se intercalan trucos de maxia, actuacións musicais e concursos, e cun clube dos que os nenos podíanse facer socios, por un módico prezo . O orixinal do xabarín é que en vez de que os presentadores foran tipos de 30 anos finxindo ser adolescentes "super cools" e "super mega guays", púñase a un debuxo animado no seu papel que ademais de resultar menos pesado, non cobraba, nin pedía aumentos, nin se facía vello (desvantaxes os directores tiñan menos alegrías nos castings, xa se me entende...).
Como animal animado decidiuse poñer a un animal que fose rockeiro (por iso de atraer a xuventude) e enxebre co que finalmente elixiuse ó xabarín (o can de palleiro foi incriblemente descartado pese a cumplir tamén os dous requisitos). O debuxante do xabarín foi o, xa daquelarecoñecido Miguel Anxo Prado, que é máis coñecido e apreciado fóra que aquí, e a voz a de Juanillo Estebán, que non sei quen é, pero saía na Whikipedia. O único fallo no pensamento dos creadores foi poñer o escenario do programa nun informativo porque pregúntome: ¿Que carallo fai un xabarín presentando un informativo? e ¿Porque como presentador de informativo considera máis importante poñer o Manda truco, Dragon Ball Z ou un videoclip dos Blood filloas á falar sobre as revoltas en Oriente Medio ?; pero a estas cousas éche mellor non buscarlle a lóxica.
As seccións máis importantes do programa eran:
a) As series: Das que ata fai pouco o 80% eran anime xaponés en galego e o resto (sobre todo o comezo) era algunha americana destas de risa (Os picapedra, Rocky e Bullwinkle, cousiñas de Tex Avery)
b) Os videos musicais: Onde grupos non demaisado coñecidos (exceptuando a siniestro total) cantaban cancións maioritariamente de estilo rock punk e indie, de temas variados (dende unha oda o futbolin a encontrarse cun extraterrestre pasando por un psicodélicoconto infantil contra pepiño grilo).
c) O manda truco: sección onde unhas mans (que a saber de quen serían) ensinaban trucos de maxia
d) As felicitación dos socios que estaban no cumpreanos: Onde poñían a foto dos agraciados e o seu nome e que sempre que estabas de cumpleanos buscabas, pero nunca acadábas atopar, porque no xusto momento en que a pasaban alguen cambiou ou acababan de vir da publicidade e ti inda non cambiaras cara a galega ou estabas no baño.
e)AS películas dalgúns fins de semana. Polas mañás dalgún fin de semana ó mes (sobre todo en festas ou en vrán) emitíanse películas de animación en galego, normalmente baseadas en cómics europeos, xa fóran Tintín, Lucky Luck e sobre too, sobre todo, sobre todo Asterix.
f) Outras das que me olvidei ó escribir isto ou que non lembro en que consistían (o doutor TNT)
martes, 1 de marzo de 2011
E o Óscar éche para..
Se tivera que describir a gala cunha soa palabra, non me sería demasiado díficil dar con ela: ABURRIDA, soporíferamente aburrida de maneira cansina. Aburrida en tódolos sentidos, ninguna sorpresa en ningunha das nominacións (bueno quizáis en mellor corto documental, perotampouco é unha categoría que levante moita expectación), onde gañaron os quese sabía que ían gañar, coa única duda entre "A rede social" e o "Discurso do rei". Aburrida nos presentadores, pormoito que a boa de Anne se esforzara cambiando de vestido cada milisegundo e pico, pero tendo o lado a un señor lobotomizado tampouco hai moito co que traballar, e aburrida nos números musicais, que eran tan emocionantes e conmovedores como ver a roupa secar ó sol (e iso cando non hai vento, que entón a roupa xa lles gana condistancia).
So podería destacar catro momentos na gala polos que valeume a pena vela, o inicio, no que inda non lle quitaran o cerebro a Franco (A James non o dictador, ese fai tempo que o ten descomposto), omomento Billy Crystal, que nunha frase superou en gracia ó presentador en toda a gala, o montaxe con falsos musicais e por último a Jude Law facéndolle un Gervais de colegueo a Robert Downey Jr.
Polo resto unha gala soporífera, insoportable, cansina e trillada e algo bastante moña, que ademáis sacou a Copolla para non deixalo falar. Eo peor é que o seguinte ano veraina, pa ver só se a miña quiniela mental coincide o un, iso si coma non traían a un verdadeiro cómico preséntome eu alí, que total máis salero que este ano terían.