sábado, 20 de marzo de 2010

Os culturetas

Cada vez que te animes a ir a un cineclub ou pisar unha filmoteca, ahí estarán eles. Cada vez que vaias a unha biblioteca a coller un libro, ahí estarán. Cada vez que asistas a presentación dun libro que che pareza interesante, ahí estarán. Cada vez que decidas ir a un pase en versión orixinal, ahí estarán. Cada vez que pises unha exposición de arte moderno, que vaias ó garito de moda a escoitar a algún grupo indie, ahí estarán. Cada vez que saia un cómic europeo e vaias mirar como está, en fin, cada vez que fagas algo minimamente alternativo, ahí os poderás encontrar.

Refírome os culturetas, os intelectualoides, os gafapastas, os tipiños que van a cada sarao cultural habido e por haber. Pero non nos confundamos, hai xente que desfruta da cultura e tenta empaparse dela o máximo posible, que gústalle abrir os seus horizontes, e que cando vai ó teatro vai ver unha obra porque quere, porque lle apetece e porque lle parece boa. Os culturetas non pertencen a este grupo de persoas, os culturetas non necesitan desfrutar da cultura nin empaparse con ela, para que se van empapar se eles xa o saben todo sobre a cultura, incluso diría máis se eles mesmos son cultura. Eles pensan, no seu recargado egocentrismo, que ningunha obra pode considerarse artística se non están eles para validalo, e pobre de ti se con un deles te cruzas, entón prepárate a oír un soliloquio xigantesco de dúas horas sobre o porqué o cuadro este con catro cadrados azuis e un punto vermello no centro é unha xenialidade creativa que merece ser exposto coma o cumio do arte moderno e da transgresión, pero aquel con catro puntos azuis e un cadrado vermello é basura inmunda que colouse na exposición porque os que marchantes debían poñer algo comercial que aceptara toda clase de público.

Pero non teñades medo, aquí van unhas poucas claves para saber distinguir ó gafapasta cultureta dunha persoa normal e corrente á que lle gusta a pintura, a poesía, a literatura, a música ou o cine:

1. O cultureta non é un animal gregario, así que se ves máis de tres persoas falando tranquilamente sen descutir sobre nada, estáte tranquilo, non hai peligro. Iso si non te fies desa parella na que un dos membros está a laretar todo o rato e a outr asinte con cara de socorro, nin tampouco dese chaval solitario cun jersey a raias cun pin dun grupo de rock alternativo dos 70, un carriere du cinema debaixo do brazo e un libro de Proust que nunca leu na man e que asinte para si mesmo e di ben ou pouca calidade cada tres segundos.

2. Os cultures son omnisapientes, de todo saben ou de todo coñecen. Pregúntaslle por calquera cousa e eles teñen a resposta, iso si, unha resposta intrincada que ninguen salvo él pode comprender. Ademais tamén saben o que realmente ti queres preguntar e adiántanse ós teus reprimidos desexos, el sabe que querías, que devecías e morrías por preguntarlle polas similitudes entre Welles e Lynch e non so, pedirlle que calara para poder ver tranquilo "Con faldas e o tolo".

3.Esto xa o mencionei pero recalco no tema. Eles nuca van ver nada, eles so van para certificar a calidade ou ausencia de calidade dunha obra. Sen o seu avezado criterio a humanidade caería na desgracia e non sabería que ver, que oír, que criticar ou que facer e caeríamos nunha era de anarquía, volvería o nazismo e a quema de libros e a sociedade desintagraríase, ou polo menos eso é o que eles deben crer.

4.O cultureta sempre debe ir cool, e facer cousas fashion e alternative. Nunca verás a un tomando unhas cañitas nun bar a media tarde, tampouco nunha discoteca (que vulgar), eles están en pubs modernos onde poñen música trance alternativa e grupos indie case descoñecidos. Tamen so admiran directores oscuros sobre os que hai poucos datos e menos pelis, serie que nunca se emitirán fora do país do orixen (Inglaterra no 80% dos casos) e libros de autores difíciles de ler e se algo isto faise popular repudian del

5. O cultureta ama e defende a capa e espada todo o local, pero en realidade adora o estranxeiro. Un bo gafapasta ensalzará virtudes do cine español non comercial, pero pregúntalle cantas pelis de Buñuel e Berlanga veu e veras a resposta (xa non diremos de Almodóvar, ó que adora e idolatra, pero do que so veu unha vez Tacones lonxanos e porque se trabucou de sála). Xa non diremos en literatura, onde irá a tódolas presentacións habidas e por haber dos autores galegos para defender a cultura en língua rosaliana, cando eles a única poesía de lingua vernácula que se saben é as dúas primeiras estrofas do himno e unha de Iolanda Castaño.

5. Rexeitan a modernidade, e todo o que representa, exercendo así un posmodernismo borreguil e desfigurado. Nunca os verás comprar un cd, eles sempre preferirán o sonido dun vinilo, eles non ven a tele, escoitan a radio. Pero pídelles que deixen seu Ipod, que lle quiten o seu Imac e seu Ibook e empezarán a chorar.

6. Son seres urbanos (así que se vives nun pobo ou aldea, felicidades). Aman todo o urbano, o arte urbano, visten urban casual, e encántalles a arquitectura urbana. Se non houbera cidades extinguirianse en dous segundos por alta de fume e cineclubs.

Para o final, recordar que esta tribu non se compon exclusivamente de homes, se non que hai unha gran multitude de mulleres culturetas, que acabaran liandose con jevicarras musculosos para desgracia dos machos da especie (que se teñen sorte acabaran cunha pija destrozanervios).

1 comentario:

  1. Este é un dos vellos posts do blogue, retocado un pouquiño eliminando faltas de ortografía garrafales e engadindo outras cousas. Outros iránse subindo a ritmo dun cada dúas semanas e cada semana haberá un post novo.

    ResponderEliminar