domingo, 7 de agosto de 2011

Festas Gastronómicas ou como comecei a odiar o viño

É sabedoría popular, que nos pobos o verán é a estación das festas, onde cada semana hai una festa diferente, nunhas celébrase un feito histórico, noutras o aniversario da morte ou do nacemento dunha figura importante, noutras a xente saca a pasear unha estatúa que empapelan con cartos e rodean flores, por motivos que aínda se me escapan (oín que é porque pensan que así a estatúa lles concederá favores, pero non creo que ninguén poida ser tan estúpido, non?).

Pero, claro alguén avispado deuse de conta de que só con esas festas, habería algún día no que na plaza non soaría unha verbena, e claro, iso non se podía permitir, e así naceron as FESTAS GASTRONÓMICAS, festas onde en teoría se celebra a excelencia e a caldiade dun produto da zona, e que realmente non son máis que unha escusa para beber ata caer,  traer a orquestras para entreter ós vellos e cobrarte 20 Euros por unha ración que calquer outro día do ano poderías tomar por 2.

Estas festas curiosamente moitas veces teñen o estatus de "festas de interes turístico ou cultural", por que todo o mundo sabe que non hai nada de maior interese cultural que ver xente comendo e bebendo (algo que lembremos non se pode facer ningún outro día do ano). Aínda que sendo xusto, teño que admitir que comer e beber, xunto coas súas contrapartidas vomitar e mexar nas esquinas, non son as únicas actividades que se fan nunha celebración desta índole: Moitas veces teñen por acompñamento concertos de verbenas populares a cargo de orquestras de serán, agrupacións que tocan versións horrendas de cancións de música latina ata as dúas da mañá, cando xa pasan a fusilar clásicos da música rock, nas que todos os componenetes, menos o baixo tocan sempre cunha enerxía digna dos Led Zeppelin, aínda que o que esten a tocar sexa "La ventanita del amor".

Iso se ten sorte, e a festa gastrónomica ten só un éxito moderado, co cal é un evento no que durante un día ou dous se atráen a turistas facilmente timable...digo impresionables, dáse a coñecer o pobo e tense unha boa escusa para salir por aí cos amigos. Pero, apocados meus se vos atopádes co evolución desta festa cando faise realmente popular (normalmente grazas a que é sobre bebercio), nese mesmo intre sufriredes un alude de xente, entre os 15 e os trinta anos que encherá prazas e rúas, facéndoas intransitables, acampando diante dos garaxes e nos parques, poñendo reggeaton a todo volume. E así poderedes imaxinar un pobo deseñado apra 20.00 habitantes ocupado unha ou dúas semanas polos 10 veces os seus habitantes, todos totalmente borrachos. E quen no querería iso para o pobo no qeu vive, a quen no seu sano xuízo non lle parecería unha ideaza digna de promover.