jueves, 5 de enero de 2012

Christmas evil, cine de nadal

Seguindo coa tradición navideña instituida neste blogue o ano pasado, analizarase outra película do cine de nadal máis atípico e sobre todo más horrendo e vomitivo. Este ano ía a mirar a Historia da Natividade, pero vendo o gañador das eleccións, hai que ir saber co cabalo gañador e asíq ue a deixarei de lado para que non chapen o garito.  Unha película que é unha obra excelsa que representa os valores tradicionais cristiáns que deberían predomianr nestas datas--( xa. xa. escribín suficiente para que me den a subvención, xa?, ok). ASí que coma cambio de última hora adicarei a entrada a "Christmas Evi"l, coñecida tamén coma "You'd better watch out tonight" e coma "Terror in Toyland", e xa non oficialmente, coma "a peli esa do asasino vestido de Papa Noel que é como é Silent Night, Deadly Night, pero en aburrido".

O pequeno Timmy, (que así chamarei a o protagonista sen carisma) está cos seus irmáns observando a Papa Noel baixar pola chiminea e traer os regalos para logo subir maxicamente por ela, despois de discutir co seu irmán se era Papa Noel ou seu pai, baixa a comprobalo e observa a o bo de St Klaus facendolle un regalo especial, digamos que dándolle a probar do seu bastón de caramelo (Que están a foder, por se tiñades dúvidas). Tras observar esta perturbadora escena, na que por desgracia non sae nin un miserable peito, o pequeno Timmy sube ó ático, colle unha bola de neve, escachaa e cortase cun cristal, porqué, aínda mo pregunto, pero máis me pregunto porque cando se fai a ferida, faina cun divertido "ping". (Todos sabemos que cando nos cortamos facemos ping, é un dato médico).

Anos despois o pequeno Timmy, é un home amargado, que traballa nunha fábrica de xoguetes, que se dedica a espíar os nenos apra ver se son bos ou malos e que ten unha obsesión insana con Santa Klaus; obsesión provocada polo trauma infantil, cousa que todos tiñamos claro, pero que por se hai algún espetador lentiño a película nos lembra cada dez minutos con flashbacks. Despois de uns cuarenta minutos onde non pasa nada máis que amosarnos a miserable vida do Timmy adulto, e a súa obsesión e inxenuidade mentras fala cos seus xefes ou co seu irmán e na que non pasa absolutamente nada máis, chega a parte divertida da película (é unha forma de falar), cando finalmente saltálle o chip na súa cabeciña e se cre por fin papa Noel, primeiro adícase a facer boas obras. Rouba axoguetes do seu traballo, porque o seu xefe, o señor Xefe O'Topico, so pensa nas ventas e non nos nenos, e da os xoguetes ó hospital, tamén da os xoguetes os nenos bos da súa lista (porque si tiña unha lsita de nenos bos e malos) e ó neno malo deixalle unha bolsa chea de terra.

Pero ahh, terrible destino, xente nunha igrexa búrlase del e pasa de ser o amigable señor tolo que se viste como Santa a ser o asasino señor tolo que se viste como santa. Despois diso, invitano a unha festa, e acaba indo a unha casa a matar o que ía ser o seu novo xefe, xefe O'topico Mcmillonetis, Cando o descobren no barrio do seu irmán, a xente empeza a perseguilo con antorchas (porque que veciño nos oitenta non gardaba antorchas medievais para unha ocasión como esta) o seu irmán averigua que él é o asasino (o meu irmán que se comporta como un tolo, está obsesionado con Santa, e leva desaparecido 5 días é o asasino disfrazado de Santa, nunca puidera imaxinalo), intenta noquealo e ó final escapa nun furgónq ue términa volando. Si a última frase está ben escrita o furgón o saltar por unha ponte, empeza a volar e o pequeno immy resulta ser o verdadeiro Santa Klaus, non lle tentedes atopar o sentido. É Santa Klaus e punto, porque ben, ehhh a súa nai tirouse o Papa Noel de verdade (tamén podería ser o pai, pero apareceu subindo máxicamente por unha chiminea, ou sexa que ou ben seu pai é santa Klaus, ou creo que hai unha señora no Polo Norte cuns cornos máis grandes cos de Rudolph).

Mentres que a película do ano pasado, Santa conquista os Marciáns, entra nesa categoría do cutrerío xenial, esta película quédase só en cutrerío, si ten os seus momentos divertidos, hai sexo con disfraces de Santa Klaus, risas maníacas dignas do oscar a sobreactuación, Timmy gritando durante 15 minutos "Feliz Nadal", persecuicións psotas a velocidade de 1,5 sen motivo algún, nenos ameazando con coitelos ós seus pais e un final tan estúpido e absurdo que só pode ser obra dun xenio. pero en xeral a película é aburrida, as actuación quitando dous momentos son planas, o asasino non é interesante, máis alá de, crese Santa Klaus, e ata o primeiro crime hai que esperar case unha hora, durante a película case non se ve nada de sangue e en xeral é tediosa ata máis non poder. Pero recordade sed bos está noite porque os reis magos vos están a vixiar, e eles si que non son tan brandos como o señor do Polo Norte.