sábado, 15 de octubre de 2011

Paixón de Fefiñáns, capítulo II

Con unha velocidade  de campionato, Mucha achegouse o descoñecido, que ía vestido cunt raxe verde estrambótico e cun sombreiro negro, de forma máis que curiosa, agarrouno polo brazo e espetouno contra o chan

-Ti que cres que estar a faser eiquí, espíando así a unha señora tan fisna e fermosa coma mín, que vai ser a futura duquesa, se querías espíar, espiaras a esmirriada esa, que total para o que vale?

-Pero co..como me atoparon, se estaba oculto a perfección entre as viñas?

-Quizáis, perdone, quizás tiña algo que ver que estas son viñas de Albariño, e son altas, non te podes esconder gabeando polo chan- dixo Helena María?

-Claro, Claro, xa sabía eu que había un detalle do que non me decataba.

-E poderíase saber quen é vostede?

-Si, perdonen señoritas, son Antón Branquedo, coronel da Garda Cívil, división antimarisqueo e veño aquí para deter a Helena María Eufrasia para interrogala, sobre a fuga do cárcere da súa nai, a famosa Xoana a matacadelas.

-Isto é unha ultraxe-berrou Helena María, enfurecida- como puiden axudar a miña nai se estiven aquí todo o rato.

-Ahh, pero iso dalle a escusa perfeta, pero temos información de que Matacadelas usaba as adegas do Conde para escamotear mercancía, así que é moita coincidencia que o día en que se escapa, veñas xusto a pedir traballo a elas, é ou non é.

-Pero, pero, pero non teñen ningunha proba, eu son inocente!

-Son garda cívil, dende cando necesito probas para deter a alguén. E o de inocente xa se verá no xuízo.

Branquedo colleu as esposas do seu cinto e púxollas a nosa heroína entre as mans, que como tiña as mans pequenas quitousas. Entón Branquedo decidiu ser máis práctico e agarrouna directamente el mesmo. Mentras se alonxaban nos ollos de Mucha víase un brilo de maldade.

Terá algo que ver Mucha nas sospeitas de Branquedo contra Helena María? Será a nosa heroína xulgada culpable? como é que existen Gardas Civís que falan galego? e o máis importante, alguén sabe porque carolo teñen as viñas de albariño que estar altas, e as de tinto a rás de chan?


E sí, referencias innecesarias a series galegas, verédes moitas, por aquí, mínimo unha por capítulo, e non todas estarán tan claras como a de hoxe, conste.


domingo, 7 de agosto de 2011

Festas Gastronómicas ou como comecei a odiar o viño

É sabedoría popular, que nos pobos o verán é a estación das festas, onde cada semana hai una festa diferente, nunhas celébrase un feito histórico, noutras o aniversario da morte ou do nacemento dunha figura importante, noutras a xente saca a pasear unha estatúa que empapelan con cartos e rodean flores, por motivos que aínda se me escapan (oín que é porque pensan que así a estatúa lles concederá favores, pero non creo que ninguén poida ser tan estúpido, non?).

Pero, claro alguén avispado deuse de conta de que só con esas festas, habería algún día no que na plaza non soaría unha verbena, e claro, iso non se podía permitir, e así naceron as FESTAS GASTRONÓMICAS, festas onde en teoría se celebra a excelencia e a caldiade dun produto da zona, e que realmente non son máis que unha escusa para beber ata caer,  traer a orquestras para entreter ós vellos e cobrarte 20 Euros por unha ración que calquer outro día do ano poderías tomar por 2.

Estas festas curiosamente moitas veces teñen o estatus de "festas de interes turístico ou cultural", por que todo o mundo sabe que non hai nada de maior interese cultural que ver xente comendo e bebendo (algo que lembremos non se pode facer ningún outro día do ano). Aínda que sendo xusto, teño que admitir que comer e beber, xunto coas súas contrapartidas vomitar e mexar nas esquinas, non son as únicas actividades que se fan nunha celebración desta índole: Moitas veces teñen por acompñamento concertos de verbenas populares a cargo de orquestras de serán, agrupacións que tocan versións horrendas de cancións de música latina ata as dúas da mañá, cando xa pasan a fusilar clásicos da música rock, nas que todos os componenetes, menos o baixo tocan sempre cunha enerxía digna dos Led Zeppelin, aínda que o que esten a tocar sexa "La ventanita del amor".

Iso se ten sorte, e a festa gastrónomica ten só un éxito moderado, co cal é un evento no que durante un día ou dous se atráen a turistas facilmente timable...digo impresionables, dáse a coñecer o pobo e tense unha boa escusa para salir por aí cos amigos. Pero, apocados meus se vos atopádes co evolución desta festa cando faise realmente popular (normalmente grazas a que é sobre bebercio), nese mesmo intre sufriredes un alude de xente, entre os 15 e os trinta anos que encherá prazas e rúas, facéndoas intransitables, acampando diante dos garaxes e nos parques, poñendo reggeaton a todo volume. E así poderedes imaxinar un pobo deseñado apra 20.00 habitantes ocupado unha ou dúas semanas polos 10 veces os seus habitantes, todos totalmente borrachos. E quen no querería iso para o pobo no qeu vive, a quen no seu sano xuízo non lle parecería unha ideaza digna de promover.

martes, 19 de julio de 2011

Tribus urbanas: Pijañáns

De vez en cando no universo producense mesturas que pese o absurdas e incoherentes que parezan dan a sobrevivir e ata a triunfar, casos coma este son a da pizza con piña, o agrotechno ou a da tribu urbana da que falerei hoxe e que deambula por tódolos pobos galegos (especialmente se estes teñen discotecas ou discopubs): o pijañán.

Os pijañáns son o punto intermedio entre os típicos pijos de cidade de toda a vida con os ghañáns de aldea tradicional, e como tal a súa presenza dáse no punto intermedio entre estas dúas aglomeracións de poboación, o pobo grande, aínda que a veces véselles migrando a locais selectos dentro de cidades (bares de bachata e de ligoteo vario na súa maioría).

Cos pijos comparten unha necesidade básica, a de alardear de todo o que posúen, que sempre será de marca, ou polo menos iso é o que che intentan vender, porque o pijañán gusta de pasear polos rastros a ver se atopa falsificación cribles coas que presumir cheo de si mesmo. Co coche dáse aínda un fenómeno máis raro, porque pese a ter tartanas que case se aproveitarían máis para carros de bois que para conducir, eles ven nelas grandes carrocerías que deben tunear para amosalas a humanidade. E aquí teñoq ue admitir algo, tunean menos hortera cós canis, o cal significan que teñen algo de gusto  e dignidade, tampouco moito, pero algo.

Cos ghañáns teñen en común, unha atracción polas orquestras e as discotecas/discopubs onde poñan bachata e similares; xa que para ambos bailar significa arriamarse o máis posible as saias das raparigas que probablemente sairán arrepíadas. Tamén as dúas especies sinten atracción hacia as festas gastronómicas e mitíns onde haxa barra libre e comida de ghratís.

Agora os datos básicos para poder recoñecer a un destes especímenes:
Sexo: o igual que os ghañáns, son sempre varóns
Procedencia:Pobos grandes (Ordes, Carballo, Cambados, Sanxenxo, etc..)
Traballo: Chaíñas (descargador de cocaína para os que non son da costa), outros oficios ilegais.
Aficións: Bachata, Tuning, Fariña, mitíns do PP

................................................

Castellano:

De vez en cuando  en el universo se producen mezclas que pese a lo absurdas e incoherentes que pareezcan sobreviven e incluso triunfan, casos como este son el de la pizza con piña, el agrotechno o el de la tribu urbana de la que hoy hablaré y que deambula por todos los pueblos gallegos (especialmente si estes tienen discotecas o discopubs): el pijañán.

Los pijañanes son el punto intermedio entre los típicos pijos de ciudad de toda la vida con los gañanes de aldea tradicional, y como tal au presencia se da en punto intermedio entre estas dos aglomeraciones de personas, el pueblo grande, aúnque que a veces se les puede ver migrando a locales selectos dentro de ciudades (bares de bachata y de ligoteo vario mayormente).

Con los pijos comparten una necesidad básica, la de alardear de todo lo que poseen, que siempre será de marca, o por lo menos eso es lo que intentan vender, porque el pijañán ama pasear por los mercadillos a ver si encuentra falsificaciones creíbles con las que presumir enchido de orgullo. Con coche se da un fenómeno aún más raro, porque pese a tener tartanas que habrían aprovechado mejor para carros que para conducir, ellos ven grandes carrocerías que deben tunear para enseñárselas a la humanidad. Y aquí tengo que admitir algo, tunean menos hortera que los canis, lo cual significa que tienen algo de buen gusto y dignidad, tampoco mucha, pero algo.

Con los ghañáns tienen en común una atracción por las orquestas populares y las discotecas/discopubs donde ponen bachata osimilares; ya que para ambos bailar significa arriamar la cebolleta lo mas posible a  chavalas que los más probable es que salgan espantadas. Tamnbén las dos especies sienten atracción hacia las fiestas gastronómicas y los mitíens d onde hay barra libre y comida de gratís.


Ahora los datos básicos para poder reconocer a uno destes especímenes:
Sexo: al igual que los gañanes, son siempre varones
Procedencia:Pueblos grandes (Ordes, Carballo, Cambados, Sanxenxo, etc..)
Trabajo: Chaíñas (descargador de cocaína para los que no sean de la costa), otros oficios ilegales.
Aficións: Bachata, tuning, harina, mitines del PP

lunes, 11 de julio de 2011

Chamando a tódalas unidades

Non se enganen co título do artigo, non, non me convertín en Garda cívil neste tempo sen actualizar, nin fun vitima de ningún roubo, nin tampouco partecipei en ningún e se o Deán da Catedral de Santiago vos di o contrario e que está mentindo de maneira vil, que me ten envexa porque eu teño o Códi...go de descontos no Gadis, si, eso mesmo, si...Pero retomando o tema (e fuxindo de manuscritos medievales que absolutamente non están no meu poder) o título ven referido ó tipo de series das que falaremos hoxe e das que eu son un verdadeiro apaixoado.

Estamos a falar das series políciacas, como debería ser obvio, e no caso de que para ti non o sexa pois so che podo dar unha palmada na espalda e unha piruleta. ollo, pirmer puntoa aclarar, aquí vamos a falar de series políciacas, non de series de detectives, que aínda que parecidas tamén son un cacho distintas, polo tanto a figura de Colombo por moito que me apene non pode ser incluída (pero porei unha gaberdina en recordo de Peter Falk). E que se hai algo que diferencie a serie policial da detectivesca, e que a detectivesca é unha serie que segue o traballo dunha soa persona (ou coma moito dun par), mentres que as boas series policias son sempre corais. O cal en certa medida é estrano, xa que nos queren facer creer que no corpo de policía traballa moita xente, cando pola cola que hai acndo toca renovar o carnet aprece máis ben que no traballa nin Dios.

Outra característica básica deste xénero que me fascina e que pasan cousas GRANDES, asasinatos caseirresolubles, roubos de transcendencia nacional, detección de células terroristas, tramas de narcotráfico e corrupción a nivel goblal. O cal ten certo sentido porque tampouco entran moitas ganas de meterse a seguir as peripecias de xente que pon multas por aparcar mal, que tramite denuncias de bolsos perdidos que tiñan 2 euros dentro (cousa vista en persoa) ou que adícase a renovar documentación. Como concepto podería ser interesante pero creo que todo o mundo quedaríase sopa no segundo episodio.

As series policiales poderían clasificarse en dous pequenos grupos: As que mostran un grupo xenérico e as que mostran un departamento altamente especializido.

Dentro das primerias existen dende xoiazas, como é "Hill Street Blues", ata cousas tan esperpénticas coma os Homes de Paco, que empezou sendo unha comedia, logo foi un melodrama, logo unha serie de acción, logo una telenovela con tintes negros, pero que nunca, nunca, nunca, deixou de ser unha merda pinchada nun palo e amenizada con Pop nacional.

Dentro das segundas atópase o groso das series policiais: CSI (insira aquí localidade de moda dos "U.S.A), Navy, Bones e demáis que haberán ata que se só quede por cubrir o corpo da policía que se encargué de multar a xente que escupa na beirarrúa e tire o lixo o chan (Cleaningpolice, Bern, eu vexolle futuro)

Pero todas estas seris produceme placer vélas (bueno minto, os Homes de Paco non me produciu nunca nada parecido ó placer), non porque traten de grupos de xente e as súas relaciones en situación normalmente límites, non porque os episodios case sempre sigan un patrón repetitivo, e pese a iso (cando a serie merece) consigan sorprender, nin porquehaxa sempre algún personaxe ultracarismático que eclipse o resto, non. A mín as series de policías gustánme porque teñen a decencia de ensinar o sangue e eu son o fodido morboso que desfruta co sufrimento alleo (E co propio que eu son dos que pecha os ollos nas esceas fortes).

p.D: As próximas entradas estarán dispoñibles tamén en castelán, non vaia a ser que veña aquí un de Murcia e se perda as opinións dun blogue con tan selectos seguidores (tan selectos son que só son 3)

miércoles, 25 de mayo de 2011

Guía do autoestopista galáctico

Con motivo do día do orgullo friki, que personalmente parece unha parida como a copa dun pino (si mirademe son diferente e e por iso vístome e actúo en comparsa nun desfile cun montón de xente que son iguais ca min) e do día da toalla, que tampouco celebro pero que ten algo máis de sentido (facer unha homenaxe diferente a un escritor) vou falar dun xénero que normalmente vese asociado ós frikis. De feito isto, os comics e os videoxogos forman a triada das aficcións polas cales te consideran un ser asocial, na maioría porque moita a xente que as reivindica, reivindica tamén que é bo ser asocial, supoño, que, porque...bueno porque naceron setemesinos ou algo así.

Falo da ciencia-ficción, do Sci-Fi ou do Ci-Fi (ou como diría miña avoa "as cousas esas raras dos cobetes no espazo"), e en concreto falarei dun dos mellores libros do xénero que deu coma fruto unha das peores adaptacións ó cine: A guía do autoestopista galáctico.

Para quen non lera o libro é máis que recomendable facelo, non é moi largo, é facilmente accesible para todo o mundo (aínda cara aqueles os que nos lles entusiasma a ciencia ficción) e asegura máis dun par de horas de risa. Tamén ten varias continuacións nas que practicamente no fai falla terse lido os anteriores para enterarse porque non parten do mesmo (bueno no caso do segundo tampouco fai falla, pero sí sería boa idea lerse o primeiro). Pero deixemos de falar de cousas boas e pasemos a falar da bazofia que a película.

Tanto a película como o libro segue as peripecias de Arthur Dent o único hombre supervivinte da terra,, totalmente normal, que cando van a derribar a súa casa para construír unha autoestopista é advertido por un amigo seu que resultou ser un aliénixena, de que van a derribar a terra, e que no último momento os salva. O título é o do libro máis importante do universo, a guía do autoestopista galáctica no cal traballa o amigo de Dent, pero mentres que o libro consigue fíar e manter de forma que resulta case consecuencias lóxicas (o cal é incríble tendo en contra todo o absurdo e ilóxico do libro), na película resultan escenas semisoltas pouco fiadas.

Isto non quita que a película sexa entretida, nin graciosa, que o é, pero todo o gracioso e entretido que ten débello o libro, non ten nin unha pizca de orixinalidade, e as poucas que ten resultan ser as menos divertidas. Por outro lado os efectos especiais son esaxerados e pouco cribles, iso si, o feito de ver un  home con dúas cabezas (unha mal animada) resulta bastante máis razoable é menos forzado a vista que as propias actuacións dos protagonistas, que cando non son sosímas, son tremendamente esaxeradas. Como dato, o mellor actor da película é maldito robot depresivo con voz monótona, creo que isto basta para darse unha idea.

Non vou mencionar cambios na trama (que no fondo non son tan graves) e demáis para non crear spoilers innecesarios, só direi dous consellos: Sempre leva unha toalla e Non teñas medo. Ahhh e 42.

jueves, 19 de mayo de 2011

Ir acampar, que é perífrasis verbal

Aviso:Este post ten demasiado contido político e relativamente pouco contido humorístico, porque non nos enganemos a política non é divertida (Excepto cando inclúe combates de gladiadores entre corruptos, entón sí o é)

Dende a grella quero dicir que apoio completamente a esos catro pijos perroflautas desarrapados que están empezando a campar en números infimos nas distintas plazas de España. Sabemos que entre vós existen mercenarios entrenados pola ETA e polas guerrillas Colombianas das Farc, e pagados por Pepiño Blanco e Rubalcaba. Pero tamén sabemos que non todos sodes como eles, a maioría só está alí porque pensa que é a cola para conseguir entradas para un concertoduas de Justin Bieber con Lady Gaga ou no seu defecto para a nova Apple Store o de Madrid. Porque seredes perroflautas, pero o Ipad 2 ninguén quere quedarse sen él.

Tamén se dixo que nas acampadas esas (¿curioso complot publicitario de Qechua?) había vellos e xente de toda ideoloxía. Os vellos son facilmente explicable; as obras están pasadas de moda, o que "mola" agora é ver manifas. O de xente de tódalas ideoloxías é unha mentira difundida pola organización comunista-anarquista-xudeo-masónica-perroflaútica de estas demostracións que, según informan as nosas fontes, vístese de o que eles chaman "normalis" para dar o pego e pensar que todo é fruto da indignación cidadán contra o sistema. Cando o é imposible indignarse contra o sistema, o sistema é perfecto, o que pasa é que a xente non é solidaria con eses pobres dos bancos e dos concellos,, que son perseguidos polo lei so por roubar uns poucos cartos, que total serían gastados en cousas inútiles como hospitais e escolas para discapacitados.

P.D: Toda a nosa información ven de fontes rigurosas e de intachable moral como Intereconomía ou Libertad Digital

domingo, 1 de mayo de 2011

A aventura máxica de merliño

Hoxe, na nova sección "Vida fóra da pequena pantalla" analizaremos uns dos femómenos máis misteriosos e inquedantes que se dan na zona coñecida como Galicia; xa que vamos falar na nosa teverna do misterio (Soa musíca terrorífica "Tiene nombres mil, tiene nombres mil, el miem...", óese un grito: "No tan terrorífica", Soa música terrorífica pero non tanto) dos xogos de ordenador en galego.
En concreto centrarémonos en dous: A aventura máxica de Merliño e Lugo no Tempo. O primeiro unha aventura gráfica educativa e a segunda unha aventura gráfica política?, educativa?, turística?. O que demostra que as aventuras gráficas sempre interesaron ós galegos ou moítisimo menos problable, que só se fan porque costan menos de facer.
Merliño: A aventura máxica de Merliño é unha aventura gráfica ( de ahí o de aventura) que transcurre no entorno máxico/mitolóxico de distiontos pobos e cidades de Galicia (de ahí o de máxico) e que é máis fácil de pasar que ata o kirby máis sinxelo. Foi producida e creada polos estudantes de último curso do UV (Universidade de Vigo, por iso tódalas localizacións están en Coruña, se non son listos nin nada). Os gráficos do xogo non están mal para unha aventura gráfica independente, pero a historia xa é outra cousa. O protagonista, o que chamaremos rapaz pesado (pero que se chama Merliño), está de vacacións na casa da súa avoa na aldea, esta vaise facer uns recados e deixao a el na casa. O rapaz sube e encontra un libro que ó abrirse desata ó mago Xerión ó que venceu Hércules e de paso a un trasgo axudante (que no xogo dache axudas moi vagas e levate a outros sitios só se lle das un obxecto relacionado con eles) A isto a avoa volta e o rapaz pesado cóntalle o estropicio que fixo ( isto pasa por deixar rapaces de 12 anos sós nunha minicasa no medio do bosque sen Play nen Internet, abúrrense e acaban desatando o mal sobre a Terra) e en vez de chamar a alguén que lles axude ou facer ela algo, como boa avoa que é respóndelle o equivalente a se ti o rompeches, ti o arreglas.
O xogo sigue transcurríndo por diversas localizacións (San andrés de Teixido; Un castro; As covas do rei centolo; Ribeira, Santiago e A Coruña) onde seguindo as regras típicas destes xogos coñeces a diferentes personaxes (destacados O Borracho e O membro da Santa Compaña, o resto son moi prototípicos e sen carisma) que a cambio de facer cousiñas sen importancia danche pistas sacadas das lendas populares para vencer os malos malosos (tamén saídos das lendas) que son a saber: a Muller 10 que enfeitiza ós homes, Mouro, versión malvada do Trasgo bo (que por certo con dous frases que di e é o personaxe máis decente), unha bruxa calqueira e Xerión. Conseguir pasa-las probas e bastante sinxelo e a forma de vencer a Xerión en tan fácil que me da pena ata comentala, pero ningún feiticeiro poderoso que so puido ser vencido por Hércules merece ser vencido por un rapaz de 12 anos e só gracias a que sabe un par de contos populares.

O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.
O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.
Na próxima entrega de "Vida fóra da pequena pantalla" seguiremos cos Ghalisian Ghames destripando Lugo no Tempo, o videoxogo no que tomas unha decisión que fará que toda a xente te odie, salva-lo alcalde.

viernes, 22 de abril de 2011

Paixón de Fefiñáns

Benvidos a este miniserie sobre as aventuras e aventuras amorosas ocorridas en torno das adegas dos condes de Fefiñáns, a nosa protagonsita, Helena María Eufrasia chega ás suntuosas terras do condado para axudar na vendima, pero o que non sabe é que o viño engraixará as rodas do tranghanillo da paixón.

É unha fermosa mañá de setembro cando Helena María chega a porta do pazo tras atravesar a praza, nada máis chegar usa o petador de ferro, antigo e carcomido para chamar.

- Que quería vostede?

-Boas, viña a pedir traballo, miña nai está na cárcere por mariscar sen carnet e meu pai abandonounos para buscar a fama como o entrenador de fútbol do Rápido de Bouzas. Necesito un traballo e vin un anuncio dicindo que pedían xente para a vendima. Por favor estou desesperada.

-Agora mesmo temos sufiente xente para empezar, pero permítame que o fale co amo.

-Conde! Ten aquí unha xovenciña que pregunta por traballo.

- Deixea pasar ó xardín para que fale con ela.

A nosa heroina entrou dentro do pazo, a un xardín con plantas típicas e auctótonas da zona do Salnés (eucaliptos, orquídeas e kiwis). Cando viu o conde, o seu corazón latiu de maneira veloz, a súa mente nublouse e viuse invadida por sensacións indescriptibles, perdido na súa mirada hipnotizante e no seu escúltureo e apolíneo corpo (ou sexa que mollou as bragas porque estaba bueno).

-¿Qué temos aquí? así que queres traballar aquí, non sei porque unha rapariga tan bonita querería enlixarse as mans collendo uvas, pero sempre poderemos atopar un oco? Polo de agora podes irte familiarizando cos viñedos

-Moitas gracias, estareille agradecido de por vida.

Unha vez chegou a zona das vides, unha muller ancha cun pano na cabeza e un capacho de uvas na man, miroulle díxolle con desprecio.

-Vinte co conde e vin como lle mirabas. Que saibas que é meu, ademáis non lle poden gustar as lerchas esmirriadas coma ti, a él vanlle as mulleres de verdades, as mulleres capaz de levantar capacho tras capacho e andar na fresadora.

Entre as viñas unha sombra humana estaba espíando a Helena María e mais a Mucha.

Quen será a sombra dos viñedos? Competirán Mucha e Helena María polo amor do conde? Logrará o pai de Helena María triunfar como entrenador de 2 rexional e reencontrase coa súa filla? Todo isto e máis no seguinte capítulo de paixón de Fefiñáns.

Apetecíame facer algo diferente para o blogue, e aquí vai o primeiro capítulo da primeira telenovela Boliviana galega adicada a miña ávoa que tantas tardes se pasou vendo Rubí na TVG, e aclaro que calquer parecido da ambientación coa ficción e pura coincidencia.

lunes, 18 de abril de 2011

Novas: viva a normalización

Benvidos a este mini-noticiario que informa nada menos de tres novas cando menos curiosas no mundo da normalización língüística, que se xunta coa outra normalización (a do mundo frikoide) esta semana, para traernos unha boa excusa para publciar a entrada. A isto engádeselle outra gran noticia televisiva, que anda ten que ver.

1. Empeza o rodaxe dentro de pouco do "Divino Ferrete" a primeira película pornográfica intégramente en galego. XA se ten o casting feminino e se está acabando de con seguir o masculino. Persoalmente xa lin o guión que esta disponible na súa web www.odivinoferrete.com", é poido adiantar un par de frases como " E ti a parrochiña alegre. Va que si, rula" ou " Ai, miña Virxe do Carmio! Ai, miña Virxe do Rosario! Ai, miña Virxe da Barca!". En xeral ten certo estrano toque nacionalista, e creo que é aprimeira vez que vexo a palabra fascista dentro do guión dunha porno. Ouro puro, porque hai quen leva o do levar a lingua a outros ámbitos de manera literal.

2.No salón do cómic de Barcelona o bo de Kiko da Silva presentou a súa nova revista Fiz, co cal xa ten tres revistas no mercado (B de Banda, Rentranca), máis outras dúas nas que participa (Galimatías e "EL Jueves"). Informadores asegúrannos que fóra de micro declarou "Primeiro os quioscos, logo o mundo, muahahhaha" para logo pasar a ofrecer empanada e despreciar Barcelona fronte a Pontevedra. A revista segue a estela da xa desaparecida "Golfiño", humor infantil, 0% moralina e moitos chistes que lembran un pouco a "Jan" pero cun toque máis escatólixo, ideal pa regalar a raparigos,se olvidacheste do seu cumpreanos e non tes nada a man.

3.O Concello de Vigo presenta os personaxes que según o Faro de Vigo tamén é o primeiro videoxogo en galego. Unha aventura gráfica que sumerxe na historia da cidade de Vigo, ou sexa sumerxete na hsitoria de unha aldea de merda,a ta que se instaura unhas fábricas e un porto, e convírtese na cidade con máis costas de España. Os personaxes fóron deseñados por os nenos dos colexios de Vigo e logo terminaron de elexírse en concurso (para que deixar o traballo a expertos se nenos de 8 anos poden fácelo gratis). Por outro lado respeto a noticia do Faro de Vigo acá http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/01/15/jovenes-vigo-podran-disenar-personajes-primer-videojuego-gallego/509079.html, teño que dicir só unha cousa. PRIMEIRO VIDEOXOGO EN GALEGO POLO MEU CARALLO, existe Merliño, existe o Preguntoiro, existe o videoxogo ese raro do alcalde de Lugo, como moito podería ser o primeiro videoxogo decente en galego, pero dubidoó (para iso xa hai outro proxecto con mellor pinta e sen subvenciónar).

4. Onte estréouse en HBO "Xogo de Tronos" unha serie que ten unha pintaza incríble, épica medieval en estado puro. Ía esperar ata rematar de ler o libro, pero vendo o traíler creo que son un espectador precoz. Faría un chiste tonto ou unha crítica sesuda da preview, pero babeo demasiado pensando na serie como para dicir nada coherente.

jueves, 14 de abril de 2011

Xabarín Club 1

Empeza con este post un pequeno monográfico recuperado sobre o programa que máis influencia tivo na miña xeración, case ata autodesignarnos co seu nome. Falo do programa da cadea galega: O Xabarín Club, que fai uns poucos anos, por algunha decisión aínda incompresíble decidiron colocar na grella a iso das 10 da mañá (que claró é cando todo os nenos ven a tele, ou a verían se non estivésen na fodida escola)

Empezarei tirando da whikipedia como ser repugnante que son: O xabarín club foi un programa creado en 1994 (co cal pouco me podo acordar do seu nacemento) por Antonio Blanco e a súa etapa de maior éxito rondou sobre mediados-finais dos noventa.

O xabarín consistía e consiste na idea (nunca usada, por certo) de ir enlazando series de debuxos animados introducidos por un presentador mentras se intercalan trucos de maxia, actuacións musicais e concursos, e cun clube dos que os nenos podíanse facer socios, por un módico prezo . O orixinal do xabarín é que en vez de que os presentadores foran tipos de 30 anos finxindo ser adolescentes "super cools" e "super mega guays", púñase a un debuxo animado no seu papel que ademais de resultar menos pesado, non cobraba, nin pedía aumentos, nin se facía vello (desvantaxes os directores tiñan menos alegrías nos castings, xa se me entende...).

Como animal animado decidiuse poñer a un animal que fose rockeiro (por iso de atraer a xuventude) e enxebre co que finalmente elixiuse ó xabarín (o can de palleiro foi incriblemente descartado pese a cumplir tamén os dous requisitos). O debuxante do xabarín foi o, xa daquelarecoñecido Miguel Anxo Prado, que é máis coñecido e apreciado fóra que aquí, e a voz a de Juanillo Estebán, que non sei quen é, pero saía na Whikipedia. O único fallo no pensamento dos creadores foi poñer o escenario do programa nun informativo porque pregúntome: ¿Que carallo fai un xabarín presentando un informativo? e ¿Porque como presentador de informativo considera máis importante poñer o Manda truco, Dragon Ball Z ou un videoclip dos Blood filloas á falar sobre as revoltas en Oriente Medio ?; pero a estas cousas éche mellor non buscarlle a lóxica.

As seccións máis importantes do programa eran:

a) As series: Das que ata fai pouco o 80% eran anime xaponés en galego e o resto (sobre todo o comezo) era algunha americana destas de risa (Os picapedra, Rocky e Bullwinkle, cousiñas de Tex Avery)

b) Os videos musicais: Onde grupos non demaisado coñecidos (exceptuando a siniestro total) cantaban cancións maioritariamente de estilo rock punk e indie, de temas variados (dende unha oda o futbolin a encontrarse cun extraterrestre pasando por un psicodélicoconto infantil contra pepiño grilo).

c) O manda truco: sección onde unhas mans (que a saber de quen serían) ensinaban trucos de maxia

d) As felicitación dos socios que estaban no cumpreanos: Onde poñían a foto dos agraciados e o seu nome e que sempre que estabas de cumpleanos buscabas, pero nunca acadábas atopar, porque no xusto momento en que a pasaban alguen cambiou ou acababan de vir da publicidade e ti inda non cambiaras cara a galega ou estabas no baño.

e)AS películas dalgúns fins de semana. Polas mañás dalgún fin de semana ó mes (sobre todo en festas ou en vrán) emitíanse películas de animación en galego, normalmente baseadas en cómics europeos, xa fóran Tintín, Lucky Luck e sobre too, sobre todo, sobre todo Asterix.

f) Outras das que me olvidei ó escribir isto ou que non lembro en que consistían (o doutor TNT)

martes, 1 de marzo de 2011

E o Óscar éche para..

Onte foi a noite dos Oscars, unha noite chea de maxia onde se celebra a grandeza do cine (sempre que sexa angloamericano) cos seus maiores representantes máis famosos e internacionais, tendo en conta por internacional todo o mundo que fale inglés e lo algún de recheo. Pero deixando tonterías tópicas a parte, onte estiven loitando contra o sono para poder er a gala, e foi una batalla complicada, porque dende logo a intensidade "vibrante" e os números "trepidantes e espectaculares" non o puxeron nada fácil.

Se tivera que describir a gala cunha soa palabra, non me sería demasiado díficil dar con ela: ABURRIDA, soporíferamente aburrida de maneira cansina. Aburrida en tódolos sentidos, ninguna sorpresa en ningunha das nominacións (bueno quizáis en mellor corto documental, perotampouco é unha categoría que levante moita expectación), onde gañaron os quese sabía que ían gañar, coa única duda entre "A rede social" e o "Discurso do rei". Aburrida nos presentadores, pormoito que a boa de Anne se esforzara cambiando de vestido cada milisegundo e pico, pero tendo o lado a un señor lobotomizado tampouco hai moito co que traballar, e aburrida nos números musicais, que eran tan emocionantes e conmovedores como ver a roupa secar ó sol (e iso cando non hai vento, que entón a roupa xa lles gana condistancia).

So podería destacar catro momentos na gala polos que valeume a pena vela, o inicio, no que inda non lle quitaran o cerebro a Franco (A James non o dictador, ese fai tempo que o ten descomposto), omomento Billy Crystal, que nunha frase superou en gracia ó presentador en toda a gala, o montaxe con falsos musicais e por último a Jude Law facéndolle un Gervais de colegueo a Robert Downey Jr.

Polo resto unha gala soporífera, insoportable, cansina e trillada e algo bastante moña, que ademáis sacou a Copolla para non deixalo falar. Eo peor é que o seguinte ano veraina, pa ver só se a miña quiniela mental coincide o un, iso si coma non traían a un verdadeiro cómico preséntome eu alí, que total máis salero que este ano terían.

martes, 15 de febrero de 2011

Big Culo Day ou Jran día do Cú

Hoxe, 15 de Febreiro a rede se xunta para festexar quizáis unha das cousas máis fermosas creadas pola man de Deus, un das obras máis maravillosas e que ó mesmo tempo todos podemoscontemplar (basta con ter un espello a man). Hoxe é o gran día do cú (no cómic), e aquí sumámonos a esta celebración, porque coma di a frase "quen ten cú, ten medo".

Así que hoxe propoñeremos unhas bonitiñas fotos de cus debuxados por un artista galego, que hai que promocionarse.




























Aquí van dúas imaxenes ben culeiras do autor galego Norberto Férnandez (autor de entre outros do estrafalario cómic "o castelo regadeira" onde a protagonsita tamén tiña un bo cú), porque nós tamén sabemos de cús, moito americano con Power Girl e moita Wonder Woman, pero onde se poña un bo cú denominación galega de orixe que se quiten tódalas tonterías.

Síntoo moito pólas féminas que lean o blogue pero non puidemos atopar cús galegos de calidade no cómic (unha inxustiza contra a cal teriamos que protestar), así que aquí vai un cú estranxeiro, iso sí de calidade cinco estrelas

É que o marciano nós perdoe a todos.