viernes, 22 de abril de 2011

Paixón de Fefiñáns

Benvidos a este miniserie sobre as aventuras e aventuras amorosas ocorridas en torno das adegas dos condes de Fefiñáns, a nosa protagonsita, Helena María Eufrasia chega ás suntuosas terras do condado para axudar na vendima, pero o que non sabe é que o viño engraixará as rodas do tranghanillo da paixón.

É unha fermosa mañá de setembro cando Helena María chega a porta do pazo tras atravesar a praza, nada máis chegar usa o petador de ferro, antigo e carcomido para chamar.

- Que quería vostede?

-Boas, viña a pedir traballo, miña nai está na cárcere por mariscar sen carnet e meu pai abandonounos para buscar a fama como o entrenador de fútbol do Rápido de Bouzas. Necesito un traballo e vin un anuncio dicindo que pedían xente para a vendima. Por favor estou desesperada.

-Agora mesmo temos sufiente xente para empezar, pero permítame que o fale co amo.

-Conde! Ten aquí unha xovenciña que pregunta por traballo.

- Deixea pasar ó xardín para que fale con ela.

A nosa heroina entrou dentro do pazo, a un xardín con plantas típicas e auctótonas da zona do Salnés (eucaliptos, orquídeas e kiwis). Cando viu o conde, o seu corazón latiu de maneira veloz, a súa mente nublouse e viuse invadida por sensacións indescriptibles, perdido na súa mirada hipnotizante e no seu escúltureo e apolíneo corpo (ou sexa que mollou as bragas porque estaba bueno).

-¿Qué temos aquí? así que queres traballar aquí, non sei porque unha rapariga tan bonita querería enlixarse as mans collendo uvas, pero sempre poderemos atopar un oco? Polo de agora podes irte familiarizando cos viñedos

-Moitas gracias, estareille agradecido de por vida.

Unha vez chegou a zona das vides, unha muller ancha cun pano na cabeza e un capacho de uvas na man, miroulle díxolle con desprecio.

-Vinte co conde e vin como lle mirabas. Que saibas que é meu, ademáis non lle poden gustar as lerchas esmirriadas coma ti, a él vanlle as mulleres de verdades, as mulleres capaz de levantar capacho tras capacho e andar na fresadora.

Entre as viñas unha sombra humana estaba espíando a Helena María e mais a Mucha.

Quen será a sombra dos viñedos? Competirán Mucha e Helena María polo amor do conde? Logrará o pai de Helena María triunfar como entrenador de 2 rexional e reencontrase coa súa filla? Todo isto e máis no seguinte capítulo de paixón de Fefiñáns.

Apetecíame facer algo diferente para o blogue, e aquí vai o primeiro capítulo da primeira telenovela Boliviana galega adicada a miña ávoa que tantas tardes se pasou vendo Rubí na TVG, e aclaro que calquer parecido da ambientación coa ficción e pura coincidencia.

lunes, 18 de abril de 2011

Novas: viva a normalización

Benvidos a este mini-noticiario que informa nada menos de tres novas cando menos curiosas no mundo da normalización língüística, que se xunta coa outra normalización (a do mundo frikoide) esta semana, para traernos unha boa excusa para publciar a entrada. A isto engádeselle outra gran noticia televisiva, que anda ten que ver.

1. Empeza o rodaxe dentro de pouco do "Divino Ferrete" a primeira película pornográfica intégramente en galego. XA se ten o casting feminino e se está acabando de con seguir o masculino. Persoalmente xa lin o guión que esta disponible na súa web www.odivinoferrete.com", é poido adiantar un par de frases como " E ti a parrochiña alegre. Va que si, rula" ou " Ai, miña Virxe do Carmio! Ai, miña Virxe do Rosario! Ai, miña Virxe da Barca!". En xeral ten certo estrano toque nacionalista, e creo que é aprimeira vez que vexo a palabra fascista dentro do guión dunha porno. Ouro puro, porque hai quen leva o do levar a lingua a outros ámbitos de manera literal.

2.No salón do cómic de Barcelona o bo de Kiko da Silva presentou a súa nova revista Fiz, co cal xa ten tres revistas no mercado (B de Banda, Rentranca), máis outras dúas nas que participa (Galimatías e "EL Jueves"). Informadores asegúrannos que fóra de micro declarou "Primeiro os quioscos, logo o mundo, muahahhaha" para logo pasar a ofrecer empanada e despreciar Barcelona fronte a Pontevedra. A revista segue a estela da xa desaparecida "Golfiño", humor infantil, 0% moralina e moitos chistes que lembran un pouco a "Jan" pero cun toque máis escatólixo, ideal pa regalar a raparigos,se olvidacheste do seu cumpreanos e non tes nada a man.

3.O Concello de Vigo presenta os personaxes que según o Faro de Vigo tamén é o primeiro videoxogo en galego. Unha aventura gráfica que sumerxe na historia da cidade de Vigo, ou sexa sumerxete na hsitoria de unha aldea de merda,a ta que se instaura unhas fábricas e un porto, e convírtese na cidade con máis costas de España. Os personaxes fóron deseñados por os nenos dos colexios de Vigo e logo terminaron de elexírse en concurso (para que deixar o traballo a expertos se nenos de 8 anos poden fácelo gratis). Por outro lado respeto a noticia do Faro de Vigo acá http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/01/15/jovenes-vigo-podran-disenar-personajes-primer-videojuego-gallego/509079.html, teño que dicir só unha cousa. PRIMEIRO VIDEOXOGO EN GALEGO POLO MEU CARALLO, existe Merliño, existe o Preguntoiro, existe o videoxogo ese raro do alcalde de Lugo, como moito podería ser o primeiro videoxogo decente en galego, pero dubidoó (para iso xa hai outro proxecto con mellor pinta e sen subvenciónar).

4. Onte estréouse en HBO "Xogo de Tronos" unha serie que ten unha pintaza incríble, épica medieval en estado puro. Ía esperar ata rematar de ler o libro, pero vendo o traíler creo que son un espectador precoz. Faría un chiste tonto ou unha crítica sesuda da preview, pero babeo demasiado pensando na serie como para dicir nada coherente.

jueves, 14 de abril de 2011

Xabarín Club 1

Empeza con este post un pequeno monográfico recuperado sobre o programa que máis influencia tivo na miña xeración, case ata autodesignarnos co seu nome. Falo do programa da cadea galega: O Xabarín Club, que fai uns poucos anos, por algunha decisión aínda incompresíble decidiron colocar na grella a iso das 10 da mañá (que claró é cando todo os nenos ven a tele, ou a verían se non estivésen na fodida escola)

Empezarei tirando da whikipedia como ser repugnante que son: O xabarín club foi un programa creado en 1994 (co cal pouco me podo acordar do seu nacemento) por Antonio Blanco e a súa etapa de maior éxito rondou sobre mediados-finais dos noventa.

O xabarín consistía e consiste na idea (nunca usada, por certo) de ir enlazando series de debuxos animados introducidos por un presentador mentras se intercalan trucos de maxia, actuacións musicais e concursos, e cun clube dos que os nenos podíanse facer socios, por un módico prezo . O orixinal do xabarín é que en vez de que os presentadores foran tipos de 30 anos finxindo ser adolescentes "super cools" e "super mega guays", púñase a un debuxo animado no seu papel que ademais de resultar menos pesado, non cobraba, nin pedía aumentos, nin se facía vello (desvantaxes os directores tiñan menos alegrías nos castings, xa se me entende...).

Como animal animado decidiuse poñer a un animal que fose rockeiro (por iso de atraer a xuventude) e enxebre co que finalmente elixiuse ó xabarín (o can de palleiro foi incriblemente descartado pese a cumplir tamén os dous requisitos). O debuxante do xabarín foi o, xa daquelarecoñecido Miguel Anxo Prado, que é máis coñecido e apreciado fóra que aquí, e a voz a de Juanillo Estebán, que non sei quen é, pero saía na Whikipedia. O único fallo no pensamento dos creadores foi poñer o escenario do programa nun informativo porque pregúntome: ¿Que carallo fai un xabarín presentando un informativo? e ¿Porque como presentador de informativo considera máis importante poñer o Manda truco, Dragon Ball Z ou un videoclip dos Blood filloas á falar sobre as revoltas en Oriente Medio ?; pero a estas cousas éche mellor non buscarlle a lóxica.

As seccións máis importantes do programa eran:

a) As series: Das que ata fai pouco o 80% eran anime xaponés en galego e o resto (sobre todo o comezo) era algunha americana destas de risa (Os picapedra, Rocky e Bullwinkle, cousiñas de Tex Avery)

b) Os videos musicais: Onde grupos non demaisado coñecidos (exceptuando a siniestro total) cantaban cancións maioritariamente de estilo rock punk e indie, de temas variados (dende unha oda o futbolin a encontrarse cun extraterrestre pasando por un psicodélicoconto infantil contra pepiño grilo).

c) O manda truco: sección onde unhas mans (que a saber de quen serían) ensinaban trucos de maxia

d) As felicitación dos socios que estaban no cumpreanos: Onde poñían a foto dos agraciados e o seu nome e que sempre que estabas de cumpleanos buscabas, pero nunca acadábas atopar, porque no xusto momento en que a pasaban alguen cambiou ou acababan de vir da publicidade e ti inda non cambiaras cara a galega ou estabas no baño.

e)AS películas dalgúns fins de semana. Polas mañás dalgún fin de semana ó mes (sobre todo en festas ou en vrán) emitíanse películas de animación en galego, normalmente baseadas en cómics europeos, xa fóran Tintín, Lucky Luck e sobre too, sobre todo, sobre todo Asterix.

f) Outras das que me olvidei ó escribir isto ou que non lembro en que consistían (o doutor TNT)