lunes, 27 de diciembre de 2010

Especial nadal: Santa viaxa ó espacio.

Ahhhhhhh,o Nadal, época de horrendos villancicos sen sentido, comilonas insoportables, versións de conto de navidade en tódolos programas (se Charles vivese creo que viaxaría ó pasado para destruír a súa obra) e coma non películas navideñas, esas nas que case sempre aparece santa claus, que ten un problema para repartir os regalos e sempre, sempre, sempre alguén egoísta e materialista aprende que o espírito do nadal non consiste en comprar se non en estar coa familia e ser xeneroso.

E se pensades que esas películas xa de por sí son malas, pastelosas e absurdas, a partir de agora ides desexar velas unha e outra vez, so para comprobar que comparadas co bodrio que os ensinarei parecen unha peli dirixida por tarantino e scorsese en dúo, e incluso as protagonizadas por Tim Allen serán tal que da mesma calidade que Orixe.

E a película en cuestión, que é tan infecta coma para lograr iso é unha película de ciencia-ficción (inda que bueno usar ese termo é un insulto cara a ciencia ficción, pero ben mirado tamén sería un insulto usar película) que chegou ós cines alá por 1964 e que ten por título "Santa conquista os marcianos". En serio xa polo título non te podes esperar nada bo, pero é que calquera cousa que poidas pensar o ver o título quédase curta.

Analizar ó detalle esta, chamémoslle cousa, levaría anos e anos de desglosar defectos, así que vou faceros un pequeno resume, para que se vos cruzades con esta xoia do mal cine saibades o que vos enfrentades.

XA a película empeza cuns títulos de créditos dignos de especial navideño de cadena local, aderazados cunha canción taladraoídos. Logo nada máis empezar a película un reporteiro vai entrevistar a Santa, mentres presenta o programa con chistes malos, e Santa contrataca cos seus (En serio Santa nesta película é o equivalente navideño de chiquito da calzada, pero sen talento). Despois pasamos a Marte, que ten un problema cos seus nenos, están todo quietos e deprimidos, consultando o gran oráculo deciden que a solución e ir a Terra para secuestrar a Santa Claus e que lles traía alegría. Polo medio raptan tamén a dous nenos humanos. Santa instala a súa fábrica en Marte, pero unha facción de marcianos rebeldes quere saboteala para que os marcianos nos se volvan brandos. E por se había algunha dúbida, estaba sobrio cando vin a película, o que non se pode dicir dos guionistas.

Tódolos personaxes menos dous ou tres son bastante ridículos, xa pola caracterización, xa polo malo da maioría dos actores (a excepción de Pia Zadora de pequeno, sí Pía Zadora fixo o seu debut nisto). Os marcianos son xente pintada de verde, cun pixama tipo star trek, e un casco xigantesco con antenas pegadas con celo, os nenos so saben falar despacio coma cando falas a idiotas (o público obxetivo da película), e Santa Claus non para de rir un sólo minuto durante película, ata cando está a punto de morrer. Mención honorífica para o personaxe de Goldar, o marciano mestura de Stalin e Burt Reynolds, que é malo ata o límite posible e que protagoniza o que probablemente sexa a escea de loita peor feita da historia.

Iso sí a pelí deixanos grandes hitos da cutrez, que superan incluso os de plan 9 do espacio exterior: O robot feito tipo disfraz pouco traballado de halloween, os elfos conxelados coa pistola paralizante que non paran de temblar, e o bo de Bormar, o simpático marciano cun grave retraso mental o que todos queremos.

E para terminar deixovos cun par de líneas da película, para que vexades por bos mesmos o nível:

-¿Qué é brando, redondo, polo nun palo e asáse o no lume, ah e ademáis tamén é verde? Unha nube marciana

-AHh e os meuas queridos renos, Blitz, Rudolf, Vixon....NIXON..ohh ese non, pero os niños saben os nomes de verdade....

-Hai que implentar un programa de felicidade a través dos xoguetes (como hacer que dar regalos pareza hitleriano)

A canción "Hoorray for Santa"

E un resumen visual da película para os valerosos


domingo, 19 de diciembre de 2010

Series xuvenis ou o ataque dos fans de FoQ comecerebros (1)

Quizais vos estades preguntando por que tardei tanto en actualizar (se é ese o caso facédevolo mirar axiña), pois ben aquí ven a vosa resposta. Pasei estas xa non sei cantas semanas investigando, internándome nunha das mafias máis perigosas do globo, ó principio probei a enviar reporteiros curtidos en todo tipo de situacións, pero non funcionou, so sobeviviron dous, dous valentes periodistas que se adicaban a infiltrarse na camorra, en alkaeda, en guantanamo en calquera sitio onde ninguén se atrevería. Aínda así non me puideron traer ningunha información de utilidade xa que a paranoia apoderarase deles e tiveron que ser internados no psiquiátrico.

Nesta situación vinme na obriga de buscarme eu as castañas e terminar o informe que me prepararan, sufrín toda clase de torturas psicolóxicas e un par de físicas, tiven que escapar de bunkeres secretos do goberno, pero agora no meu poder está o documeto definitivo, que mostrarei a continuación, sobre a maior ameaza para humanidade: As series xuvenís.

Nome da arma:Física o química, Nome en clave: Foq, Potencia poseedora: España, Distribuidora: Antena 3.

Tras someterme a unha exposición concienzuda a esta serie podo afirmar sen dúbida algunha que é a máis potente de entre o arsenal español (que a diferencia con outro tipo de armamento posee unha gran variedade destas armas psicolóxicas). Esta arma componse de varios elementos que a convirten en devastadora: primeiro está ó seu continuo ir e vir de personaxes baixo as excusas máis absurdas, segundo o estereotipado de todos eles (a choni, o pijo, o macarrila, a corpodes, o profe guay, a profe apocada, o guaperas, a chica marxinada, a hippie, o evanxelista, a cabronaza, a psicopata, a emo e poderiamos seguir) que nunca nunca saen dos seus roles, despois está o máis perigoso as tramas que todos vimos repetidas mil millóns de veces nas series xuvenis pero ó bestia e con máis drogas e sexo e todo elevado ó cubo. Os efectos de este coctel son tan poderosos que poden anular a vontade dun experto en meditación e causar que leve carpetas coa foto de Gorka e Cabano.

Nome da arma: Rebelde way, Nome en clave:desoñecido, Potencia poseedora: Arxentina, Distribuidora: Variable

Esta serie foi producida por arxentina coma ataque contra Inglaterra en caso dunha segunda crise das Maldivas. Utiliza como arma principal unha serie de canciones pseudopop-rock de baratillo previsibles e pegadizas como principal baza contra o enemigo, aínda que colle tamén outras estratexias como os modelos telenovelescos de narrativa, co que non so pode afectar a xuventude se non tamén as amas de casa aburridas, abarcando así un maior radio de acción.

Nome da arma: Rebelde, Nome en clave: RBD, Potencia poseedora:México, Distribudora: variable

Ver Rebelde way, é unha copia exacta pero con acento Mexicano, nótase que o departamento de innovación e creación mexicano anda falto de ideas.

Nome do proxecto:Series xuvenís Disney, Nome en clave: Proxecto WDDM, Potencia poseedora: E.E.U.U., Distribuidora: Belzeb..digo Disney.

Coma sempre, despois da desmantelación da URSS (que tiña armas avanzadas neste campo como "Instituto de camaradas" o "Son rebelde pero dentro da dura e inflexive moral stalinista"), Estados Unidos fíxose co control absoluto nesta carreira armamentística, conseguindo o seu principal éxito no proxecto WDDM (siglas de walter disney de dominación mndial, estos americanos sempre tan misteriosos e sutís). Esta campaña alcanou xa o seu máximo cenit gracias a Hanna Montanna, a serie sobre a estrella de rock que finxe non selo; porque imaxino que a ninguén lle gusta que lle idolatren e adoren os compañeiros de instituto ou Zack e Cody (Unha serie hostiable sobre xemelgos que son iguais pero con personalidades diferentes, o nunca visto en televisión) entre outras moitas armas, cada cal máis dañina. Cabe destacar que este proxecto nútrese tamén doutros medios distintos as series xuvenís, coma poden ser as peliculas xuvenís (e non vou dicir nada pero HSM e Camp Rock poderían, ainda que pareza imposible pertencer a este proxecto).

Con isto conclúe o informe que quizais poida reanudarse, pero recordade que a miña vida perigrara nese caso, e que nos recovecos segredos nunca explorados da xungla amazónica onde me teño que esconder para evitar a miña captura o wifi non sempre colle suficiente sinal.


E ahí foi outro artículo rescatado dos anaqueles do antigo blogue da grella. E como adianto vai a haber entradas pola época navideñas e ademáis con análise de peli cutronga navideña incluída.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Anuncios que me fascinan.

A quen non lle pasou isto de quedarse a mirar os anuncios e ver cousas que lle deixan boquiaberto cal se vira un remake de 2001:Unha Odisea no espazo dirixida por Lynch? Bueno si a xente esa rara que vai ver as series por internet (actualmente dous ou tres friquis antisociais porque todo o mundo miramos a tele) ou a xente que ve a primeira e asociados.

E dentro das pausas publicitarias; que son esas cousas que poñen no medio dos programas para que de tempo de ir o baño, e no caso de antena 3 e telecinco de descifrar o lineal A mentres se descubre o boson de Higgs, hay sempre pequenos momentos de spots que lle deixan a un olloplático. Aquí unha mostra dos spot que máis extrañado e fascinado me deixaron, alghúns por curiosos e ben feitos e outros pois por masoquismo puro e duro.

Anuncios de compresas: Todo este tipos de anuncios exercen un influxo en mi máis que curioso, sabes que o que estás vendo non ten sentido e ademáis da unha sensación falsa, pero inda así non se pode apartar os ollos da pantalla. Non sei se será por esa incrible cualidade de case converter a menstruación nalgo que parezca divertido e non nunha molestia, que os ves e case che dan ganas de ser muller, ou nese colorido extraño, ou nas preguntas filosóficas tipo ¿a que cheiras as nubes? ou ó aspirador que debe ter Patricia Conde alí abaixo, ou a todo iso xunto, pero cada anuncio de compresas é algho capaz de facer estallar a mente a calquera persoa se se esforza en entendelo.

Rizo o erizo: E fácil averiguar o motivo da atracción por este spot, Rizo: a única mascota deseñada directamente para producir asco e odio na xente. Algo completamente inexplicable, pero todo nel causame noxo, a súia voz cargante, o nome como de conto de Gloria Fuertes, A Animación cutre 3d coa que está feito, TODO. Ós publicistas deberonlles dar un premio, o fin, todos acordámonos de Xénesis, inda que sexa para querer afogar a súa mascota coas nosas mans núas.

Os anuncios de Coca-Cola: Unha marca que ten en conta a súa imaxe, e que sempre fixo uns anuncios moi curiosos e preciosistas, ou ben moi sinxelos e efectivos (o de Coca-Cola é para todos debería estar exposto nun museo comma a mellor publicidade minimalista da historia). Iso sí agora so me acordo deles para cagarme no viceporesidente de Coca-Cola, que a parte de vendernos como novas cousas que non o son e que de feito non son benificiosas (se a botella tiña esa forma era para poder agarrala ben), aínda encima é o chaval que máis forzado soa na televisión, e iso dio alguén que viu Física e químca.

E ata aquí os meus anuncios (inda que bueno o tema da para unha segunda entrega onde non pode faltar os Jes-extender) se pasades, podedes deixar tamén algun que vos fascinara para unha segunda entrega.

E Agora minutos musicales:

lunes, 8 de noviembre de 2010

Os Tonechos ou ira asesina

Nota:Este entrada esta recuperada de fai dous anos, xa sei que estamos en Novembre. A tempo de hoxe Tonecho (Róber) fai un programa de humor bastante bo na galega, mentres que Tucho pois creo que segue indo de esmorga día sí día tamén con fariña moída nas Rías Baixas.

Entramos en Decembro e con isto nas datas cercanas ó Nadal , e con istos nos beléns feitos con musgo (por moito que sexa ilegal), nos rencontros e rencores familiares e no límite humano para soportar publuicidade. Pero xaneiro tamén trae outras cousas coma unha vaga de frío e para non conxelarse eu recomendo a mellor calefacción: Ver os Toncehos, porque si, nada máis velos prodúcese no interior unha furia indiscriptible e ardente cara os toinechos en xeral e todo o públuico que os encontra graciosos en particular.

Para quen non os coñeza, tucho e tonecho (T & T a partir de agora que queda como máis moderno) son dous cómicos galegos que actualmente teñen un programa na galega cun humor de tal nível que en comparación os morancos parecen os monthy python nos seus mellores momentos (antes de que se clavaran navallas pola espalda). O humor parte do nada utilizado estereotipo de tipo parvo e lacazán, con fillo igual de parvo casado con muller comprensiva e con sogra gorda, o que ven sendo o paradigma do humor intelixente.

Vai con pixama, ten que ter gracia

Para máis INRI (ou sexa para máis Xesuses, reis dos nazarenos), como forma de facer rir, ou iso creo, T & T caractezízanse por levar Tucho sempre un casco e chupa e Tonecho, unha gorra mariñeira e pixama. Vendo o panorama non podes esperar un chiste que pasee do tipo que parvos que son ou que gorda que é.

Aínda así,hai que admitir que antes de ter o programa e saír so no lúar dez minutos unha vez a semana, podían provocar incluso nunha ou dúas risas ocasionais, pero a algún xenio ocorreuselle darlles un espazo semanal dunha hora, que empezou como programa de sketches, do que se salvou só o especial do Día das Letras Galegas, como unha perla que achada na metade do vertedoiro. Actualmente é unha especie de telecomedia (por decir algo) no que os tonechos están de criados/invitados no pazo dun conde tolo cun maiordomo remilgado, iso si sen deixar atrás os seus chistes sobre persoas de baixa capacidade intelectual e/ou obesas

descubrimos a Tucho sen casco e como traballan os mono...guionistas que fan o programa.
DVD especial dos tonechos. Extras: descubrimos a Tucho sen casco e como traballan os mono...guionistas que fan o programa.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Bottom five: 5 motivos para aborrecer Boloña

Primeiro aclarar que isto non vai en contra de esa fermosa e universitaria cidade do centro norte de Italia, que inda que nos visitei parece ser que ten a súa historia e encanto. Ademais só con saber que da alí clases o gran Umberto Eco, pois xa como que lle da un aquel. Non aquí co que me vou ensañar e co proceso de reforma educativa de Boloña; que curiosamente a universidade de Boloña non ten implantado completamente, mira que bo debe ser que non se fían del nin onde o fan.

1. A maldita reducción a catro anos (e aumento noutros casos): Porque todo o mundo ssabe que nin unha carreira coma maxisterio necesita un ano máis para impartirse (e síntoo por todos os futuros maestros, pero sabedes que a vosa carreira é fácil, fácil de collóns) nin tampouco lle podes quitar un ano a maioría das licenciaturas, que iso causa abominacións, como reducir as nocións de física nas enxeñerías as que lles afecta o plan, ou facer que un futuro filólogo clásico non saiba máis co mínimo sobre os filósofos grecolatinos.

2. Convertir o CAP en máster presencial: Pagar o triple polas chorras pedagóxicas de sempre, a vez que che quitan a oportunidade de buscar traballo mentres o fas, porque tes que estar atendendo a tódalas clases nas que che din cousas cómo "vuestro objetivo no es sembrar conocimientos, es crear personas felices"-anecdota real de conocido (pois para facer un adolescente feliz en vez de ensinarlle o verbo sein, amósolle mellor unha revista guarra e xa verás que ledicia)

3.Cambio na relación profesor-alumno: Crían que con isto ían eliminar a mítica figura do profesor que sube a tarima, le o libro, e iso é a súa clase.Pero tendo en conta en que xa antes nin a metade o facía e os que o fan o seguirán facendo, só se consigue unha cousa, tratar a alumnos de segundo ou terceiro de carreira igual que a alumnos de bacharelato, e vale que sempre hai algún que pareza quedou atascado na ESO, pero iso non significa que sufran os demais.

4. Esaxeradas expectativas: Porque non vou negar algo, algunha que outra idea do plan Boloña non é mala, coo os grupos máis reducidos ou o aumento de in centivo a mobilidade, pero os señores que pensaron iso, olvidáronse dun pequeno e minúsculo detalle. Todo iso costa cartos, cartos que eles quitan da financiación as universidades; co cal todas esas bonitas promesas quedan no aire, coma neve suspendida nunha peli de serie z.

5. E última, a desinformación. Porque tanto grupito de protesta polo plan Boloña que non sabe nin o que é, non ven de ningures. Ven de que cando se deixa caer a información con contagotas e desde puntos de vista menos disimulados cás inclinacións políticas de Los Santos, pois lo pasa o que pasa.

E conste que non pertenzo a ningunha plataforma política nin estudiantil, simplemente me gusta criticar cousas e esta en concreto pois dase moito a iso.

lunes, 18 de octubre de 2010

O Parte

Ahhh As novas, a fiestra que temos cara a información do mundo, e cara os sucesos locais, ese servicio público que nos permite saber todo o que necesitamos saber para poder vivir concientes do que ocorre o noso redor e o mesmo tempo das propostas que hai para arranxar o que está mal ou para dañar o que está ben. Eso son as novas na terra paralela número quince ou en dinamarca (que obviamente non está dentro do mesmo plano que España ou USA, porque se non é que non se entende)

Pero polo de agora aquí as novas divídense nuns poucos tipos, que aparecen continuamente no telexornal a veces turnándose a veces ata xuntas.

As noticias grandes, grandes pero grandes de carallo: A guerra mediática de turno, un atentado destes que fan ruído, as eleccións no noso país ou en calquera que mande moito no mundo, desastres naturales que chamen a atención. Noticias que non ocupan un telediario, non, ocupan meses enteiros sen falar de outra cousas, que vale que sexan acontecementos importantes pero fixo que hai algunha outra que contar, porque que eu saiba cando pasa algo diso o mundo segue xirando e a xente sigue indo a comprar o pan e o ING segue sendo "o teu banco e cada día o de máis xente".

Os sucesos chupa-audiencia: Este ou aquel crime o este ou aquel accidente, destes que ocorren a millares cada día, pero que dende que alguén decide convertelo en mediático, parece que eclipsa tódolos demáis crimes sen resolver do mundo e tódolos accidentes desgraciados. Polo menos as noticias grandes, aínda que tapen todo o que pasa teñen certo interés real para a xente e aféctannos en mellor ou menor medida, pero a min a verdade o que lle fixeran ou lle deixaran de facer a madelaine ou marta del castillo súdame bastante,e podo vivir perfectamente sen sabelo.

Tema controvertido da semana: Son sempre os mesmos temas que se repiten unha e outra vez, e que se acaban resumindo en estos son mellores cos outros, non estos outros son mellres, ou a postura máis sincera pero moito máis escasa, a verdade todos me parecen iguais pero os meus xefes me pagan por disir cousas malas destes. O final son os que acaban tendo unha maior labor social, amenizar con discusión os cafés da mañá en tódalas cafeterías e bares españoles, os días que non hai fútbol.

E coma non as noticias estrella cando non hai outras noticias ou en vacacións (porque nunca pasa dende xullo nada ata septembro, nin en navidades, nunca) as novas de INTERÉS HUMANO: esas novas tan imprescindibles coma a dos animais que tocan música, esas tan pouco predecibles como fai calor en verán, fai frío en inverno (coa mítica entrevista o vello que asegura que foi o tempo máis extremo dende a súa xuventude) e esas tan, tan...tan raras de collóns comoa dos loros que fan esquá acuático ou a do señor maior que vai facer unha copia da torre eiffel tamaño real con mocos para batir un record mundial.

e polo de aghora falo so das noticias en si, porque os presentadores (eses seres sen pernas, que fan chistes trillados e son capaces de hilar as novas dun terremoto na india e da estrea de avatar 2 sen ningunha complicación) ben darían para outro post e incluso máis.


jueves, 27 de mayo de 2010

this is the end, my lostful friend

Este luns / domingo acabou perdidos cun final que decepcionou a moitos e encantounos a outros tantos ,xa que pese xogar conosco deixándonos sen saber que carallo é a illa (en serio alguén cría que nolo ían contar) solucionou as tramas das personaxes, que é o que realmente importame ver. Aínda así para aqueles que non lles convencera, veñen aquí algúns finais alternativos que probablemente tiñan preparados os guionistas (o que eu me inventei, elixide o que lles veña en gana).

-Todo era un soño de Locke, que a súa vez é un personaxe dun soño do dono dun bar con fillos problemáticos.

-No momento máis dramático caando Jack fai iso tan decisivo que tódolos que viron o capítulo saberán (non lle penso foder o final a niniguén, que pode que non o pareza pero son boa xente) a pantalla cambiase a blanco e en blanco queda.

-Ródanse e emitense dous finais diferentes, nun Jack salva a illa, deixa a Hurley a cargo, lárgase e ten con Kate dous fillos, no outro a illa se destruese, Jack aterrorizado confesa a súa latente homosexualidad (porque ó pobriño algo selle nota que entende), morren todos sen ter consumado a confesión.

-A Hurley éntralle, moita pero que moita fame e cómese o Antijacob e Desmond antes de que poidan facer nada.

-Os guionistas danse de conta de que malgastaron ás súass vidas durante seis longos anos, prodúcese unha profusión de suicidios e de baixas por depresión, a serie queda sen final.

-Faise un final no que se resolven tódalas dudas posibles, pero resulta ser unha chufa explicativa e os fans se queixanse vehemente.

jueves, 6 de mayo de 2010

Astérix e a madre que pariu a Uderzo

Corre o ano 2010, tódala miña colección de tebeos de Astérix está ocupada por obras de gran calidade e divertidas. TODA, non, unha historia repulsiva e noxenta resiste todavía ó gosciniano invasor gracias á súa poción máxica, preparada polo druida Udercix que lle proporciona uns guións dun nivel pésimamente sobrehumano. Este tebeo chámase ¡O ceo caésenos enriba!

E nunca un título se axustou tanto o contido, porque é o que calqueira fan das aventuras da aldea gala sinte, que o ceo se lle cae enriba e ó igual que a isto era ó único que Abracurcix lle tiña medo, este tebeo pasará a ser o único pesadelo recurrente de quen o lea.

A historia comeza cando os nosos bravos heroes van cazar xabaríns, ata aquí todo dentro do común, ata que se encontran que todolos xabaríns están paralizados e o mesmo toda a aldea, a excepción do druida. Descobren que isto se debe a UNHA NAVE XIGANTE CON FORMA DE BOLA DE GOLF DORADA da que sale un bicho violeta que lembra na cara a mickie sen orellas e que é disnewaltiano (é díficil adiviñar de onde sacou o nome, ehh) que ten a capacidade de crear superclons (idénticos a superman curiosamente). Tras desconxelar a aldea cóntalles que ven a advertirlles que os malvados Namgakas do planeta Namga veñen a roubarlles a poción máxica. Tras isto hai loitas, se decatan de que a poción non lles afecta ós alieníxenas, hai algún chiste clasico de asterix polo medio (non moitos non vaia a ser que sexa gracioso ou algo) e ó final todo termina cos aldeanos coa memoria borrada e con nós desexando que nos borren a nosa.

Podería seguir dando detalles e detalles polos que este me parece o peor comic escrito por Uderzo, podería nombrar máis situación absurdas coma a loita entre sueperclones disnewaltianos e robo-ratones namgakas, chistes horrendos (de feito o único chiste 100% asterix é o de "importame unhas berzas" *especie de col gala), pero creo que non fai falla dar ningunha razón de máis, a absurdidade da trama fala por si mesma. Comprendo que Uderzo quixera cambiar e facer algo diferente pero tiña que fácelo dentro da saga asterix, unha saga que tenos acostumbrados a unhas estructuras fixas pero graciosas; dentro das cales caben tramas de todo tipo con historia divertidas, xogos de palabra que rompen a cabeza ós traductores, burlas a estereotipos culturales e romanos vapuleados (algo que so aparece unha vez en este tebeo).

E agora coma guinda darei a miña teoría de porque Uderzo publicou este tebeo, algo que nin sequera o Álvaro Pons viu (ou si pero que carallo): O tebeo en sí e unha defensa da animación tracional frente o manga, parecerá ridículo pero se te fixas nos nomes dos extraterrestres xa non o é tanto. Así os aliénixenas bos chámanse disnewaltianos (por walt disney para os lectores que esten na ESO) e os malos Namgakas que é un acrónimo sinxelo de Mangakas, reforzado isto porque a súa nave lembra a Mazinger Z. Co cal se pode teorizar que Uderzo xa vai maior e mestura churras con merinas e cascos de romano con cascos de astronauta.

domingo, 2 de mayo de 2010

Series para teus enemigos

Tes alguén o que verdadeiramente odias, alguén o que queiras ver sufrir ou gastarlle unha broma pesada, ou simplemente tendenzas masoquistas. Entonces dende a grella damosche unha pequena lista de series que baixo experiencia non desexaría a ninguén ver, dende series botadas a perder ata algunha serie extraña e coma non cousas de disney chanel.

Heroes: Que bonito empezou o soño, unha serie que partía dunha idea orixinal con guión sólido, personaxes interesantes e como se fastidiou nun nada, no que rematou a primeira temporada. A partir de ahí todo é un embrollo de personaxes novos, líos irresolubles (coma en perdidos pero sen interes), guións pobres e aburridos e a nostalxia que lles queda os fans de dicir, polo menos empezou con bo pé. En fin o Titanic das series: moita promesa para logo afundir co primeiro anaco de xeo para cubatas que atopa no camiño.

Flashforward: Se a serie anterior era o Titanic das series, este seria coma un barco feito completamente de formigón, bo aspecto por fora, pero na auga non aguanta nin dous segundos. Porque dende cuatro veña a meternos flashforward polos ollos e imaxenes impactantes e publicidade e máis publicidade, para que logo a serie quedara en nada e normal porque é unha das peores series de bo presuposto que vin na vida, guións que non dan, personaxes estancados que no evolucionan nada e bastante pouco carismáticos e todo aderezado con esa sensación de serie que te quere impresionar pero que nunca o logrará.

The flying nun: Parece incrible, pero unha serie así existiu (busquen, busquen en youtube e horrorícense) e de feito tivo certo existo, alo polos locos anos sesenta e setenta e chegouse a emitir en España. A serie en si trata dunha monxa que voa (chamndose a monxa voadora non irán esperar combates de robots) e que axuda a xente gracias a ese poder. Máis ala diso non me atrevin a indagar moito máis, salvo que a Igrexa Católica condenou a serie porque non pensaban correcto que unha monxa voara (claro é que así véselle todo e claro vai provocando).

The Jonas: Que hai peor que un grupo pseudo-pop-rock de adolescentes, un grupo pop-rock de adolescentes ultrapuritanos e odiosos, e peor, unha serie sobre ese mesmo grupo, e aínda peor unha serie sobre ese grupo no que se lle da carta blanca para aconsellar nos guións a eses futuros drogadictos puteros (digo aconsellar porque dudo que poidan escribir). Surxe así unha serie recomendada so a moi fans do grupo ou a retrasados mentales graves, na que nada ten lóxica, a continuidade e obviada e os actores actúan mal incluso facendo de sí mesmos. Unha xoia entre as series xuvenís que fai obra mestra a Hanna Montana ou a das sereas de Megatrix.

Heil Honey I'm Home: Hai unha época en que os homes temidos pasan ou a ser considerados grandes homes como Xullo César ou Napoleón ou a ser bufóns dos que calquera pode rirse. Asi lle pasou a Adolf Hitler, que, por estrano que pareza, protagonizou unha telecomia británica nos noventa, na que tiña que soportar uns veciños xudeos do máis molesto, todo cun ton de comedia dos 50. Curiosamente o proxecto, contra todo pronóstico non saíu a flote e a humanidade sufriu unha comedia mala menos.

Piso de Estudantes: Porque en Galicia tamén temos dereitos a producir series malas, concretamente outra comedia de situación. , poño aquí esta copia barata e descarada de Friends, pero con argumentos e chistes bastante máis trillados, actores mil veces peores e inda que costa recoñecelo, menos glamour, porque un grupo de xoves en New York non é o mesmo que catro estudantes en Santiago, por moi bonita que esta cidade sexa. Para rematar a faena o decorado non podía ser o dun piso de estudantes: estaba limpo, ben decorado, e non aparecía a casera para toca-los collóns ocasionalmente.

E con este post regreso dunhas largas vacacións impostas pola ausencia de intrané,e para contrarrestar o empacho de malas series recomendo ver: Carnivale, The Wire, Lost (da que xa falarei), Pushing Daises, Seinfeld e The Big Bang Theory entre outras.


domingo, 21 de marzo de 2010

Ultradescarguistas, hai que querelos.

Primeiro aclarar unha cousiña, eu non estou encontra das descargas,sería un hipócrita se o estivese , nin creo que intrané destruia a cultura ( a cultura por definición non se destruirá ata que o ser humano deixe de estar acá, e por desgracia para iso falta moito). Pero vou falar de certo comportamento típico en intrané que me crispa os nervios e non me podo calar.

Vou falar de esa xente que descarga masivamente obras de toda clase, tipo e xéneros ata encher teras e teras, pero que ve (ou le ou escoita) so un ínfima parte. Esa xente curiosamente é a que se queixa logo de que tódolos artistas son uns multimillonarios sacapelas, que todo está carísimo e que gritan enfervorecidos, bueno escriben en maiúsculas enfervorecidos "KULTURA LIVRE XA, MORRE SINDE". E o ver esto eu sempre me fago unhas cantas preguntas.

1.¿Que fan estes señores con todo o que descargan?

Porque que coño fas con discos e discos duros cheos de cousas que raramente usas e que non vendes, coleccionalos, mostraos os colegas pa presumir tipo: "mira teño un disco duro cheo de todálas series americanas dos 80", intercambialo coma cos cromos (cambioche a discografía de U2 pola de Coldpaly, pero prohíbido escoitala ehhh).

2.¿Por que collóns descargan tanto?

Según a miña teoría personal, eles pensan que é ilegal (xa sei que non é) e por iso cada vez que descargan sinte un acelerón de adrelanina, idéntico ó que sentirían se roubasen un coche, só que sen perigo. Porque por necesidade non é, se fose así baixaríanse uns cantos archivos e consumiríanos, pero non se da o caso.

3.¿Tanto odian os artistas?

Aquí entra a nosa amiguiña Sinde, unha ministra que non me cae nada ben, e que acaba de aprobar unha lei, que tampouco á que sexa unha maravilla (peche de webs non realmente ilegais). Comprendo polo tanto os varapalos hacia ela, e tamén hacia SGAE, que son a única empresa que ten en plantilla ó fantasma de Goebbels coma relación públicas. Pero os artistas, por favor, que o 80 % pagan hipoteca; e vale que hai chupópteros multimillonarios, pero tamén os hai no fabricado de roupa e seguro que esta xente compra Nikes igual sen importarlle. De feito moitos artistas están en contra da SGAE porque a maioría dos seus cartos en dereitos de autor van para as distribuidoras (editoriais, productoras, discográficas e demais fauna). E isto na música soluciónase con ir ós concertos, pero ata que cambie o sistema co cine e cos libros non queda outro remedio que ir e pagar un pouco máis para que os artistas poidan comer. Porque sí comen, son persoas, e facer cultura e algo que costa traballo, tempo e esforzo e se non se lles paga pois o mellor non deixan de facela pero en ves de 20 canción, libros ou pelis do teu grupo/escritor/director favorito posi fará unha ou dúas, porque non terá tempo mentres ten que traballar de fotógrafo de bodas ou de fontaneiro.

4.¿A cultura está tan cara coma eles realmente din?

Que eu saiba na maioría do mainstream si é así, os discos con 12 cancións non baixan de 20 euros, os libros e os cómics son algo máis baratos, e ir a ver unha película cóstache 6 euros mínimo seguro. Pero se sabe buscar ben e nos sitios adecuados pódense encontrar discos a incluso 2 ou 3 euros, os libros e os cómics existen gratis en certos sitios chamados bibliotecas, e alquilar unha peli non costa máis de 2 euros, e ademais os 6 euros non son tan caros, vale non podes permitirte ir o cine cada día, pero eu podo permitirme ir ver sen problemas unha pelis o mes. Os videoxogos en cambio quitando os da DS son todos para bolsillos selectos.

5.¿Tan maravillosas son as cousas baixadas?

Aquí algo que non entendo, alguén en verdade prefire ver un screener cutre doblado ó español neutro con baixa calidade de sonido e coas voces de espectadores por detrás en lugar de vela no cine, nun asento cómodo, cunha enorme pantalla e un equipo surround co que ata se pode oír se ó protagonista se lle pega un chicle no zapato. En serio alguén prefire deixarse os ollos na pantalla en vez de utilizar unha cómoda unión de papeis que podes levar contigo (e que se é de Tolstoi ata te axuda a facer pesas se o fas). En serio se hai alguén así quero que mo presenten para darlle unha labazada de inmediato a ver se espabila.

E si, intrané é unha maravilla, permitíume saber de moitas que cousas que hoxe en día adoro e me encantan, pero non por iso descargo compulsivamente, descargo cousas que sonme díficiles de encontrar, ou cancións concretas dun grupo do que so quero certas cancións (e non me interesa o album) e moitas cousas para mirar que tal están, xunto con moitas películas vellas que normalmente xa alquilei ou vin na tele antes e apetéceme volver ver. Pero cada vez que algo que descargo me encanta prométome que se algunha vez o encontro a un bo precio, comprareino sen pensalo, e é unha promesa que teño cumplido máis dunha vez (sobretodo con algúns discos e libros) porque penso que alguén que fai algo que consigue chegarme tanto, mereserá ter cartos pa que hereden seus fillos. Pero dende logo non acumulo archivos sen míralos só polo pracer de ver coma a barra baixa (outra teoría miña).

sábado, 20 de marzo de 2010

Os culturetas

Cada vez que te animes a ir a un cineclub ou pisar unha filmoteca, ahí estarán eles. Cada vez que vaias a unha biblioteca a coller un libro, ahí estarán. Cada vez que asistas a presentación dun libro que che pareza interesante, ahí estarán. Cada vez que decidas ir a un pase en versión orixinal, ahí estarán. Cada vez que pises unha exposición de arte moderno, que vaias ó garito de moda a escoitar a algún grupo indie, ahí estarán. Cada vez que saia un cómic europeo e vaias mirar como está, en fin, cada vez que fagas algo minimamente alternativo, ahí os poderás encontrar.

Refírome os culturetas, os intelectualoides, os gafapastas, os tipiños que van a cada sarao cultural habido e por haber. Pero non nos confundamos, hai xente que desfruta da cultura e tenta empaparse dela o máximo posible, que gústalle abrir os seus horizontes, e que cando vai ó teatro vai ver unha obra porque quere, porque lle apetece e porque lle parece boa. Os culturetas non pertencen a este grupo de persoas, os culturetas non necesitan desfrutar da cultura nin empaparse con ela, para que se van empapar se eles xa o saben todo sobre a cultura, incluso diría máis se eles mesmos son cultura. Eles pensan, no seu recargado egocentrismo, que ningunha obra pode considerarse artística se non están eles para validalo, e pobre de ti se con un deles te cruzas, entón prepárate a oír un soliloquio xigantesco de dúas horas sobre o porqué o cuadro este con catro cadrados azuis e un punto vermello no centro é unha xenialidade creativa que merece ser exposto coma o cumio do arte moderno e da transgresión, pero aquel con catro puntos azuis e un cadrado vermello é basura inmunda que colouse na exposición porque os que marchantes debían poñer algo comercial que aceptara toda clase de público.

Pero non teñades medo, aquí van unhas poucas claves para saber distinguir ó gafapasta cultureta dunha persoa normal e corrente á que lle gusta a pintura, a poesía, a literatura, a música ou o cine:

1. O cultureta non é un animal gregario, así que se ves máis de tres persoas falando tranquilamente sen descutir sobre nada, estáte tranquilo, non hai peligro. Iso si non te fies desa parella na que un dos membros está a laretar todo o rato e a outr asinte con cara de socorro, nin tampouco dese chaval solitario cun jersey a raias cun pin dun grupo de rock alternativo dos 70, un carriere du cinema debaixo do brazo e un libro de Proust que nunca leu na man e que asinte para si mesmo e di ben ou pouca calidade cada tres segundos.

2. Os cultures son omnisapientes, de todo saben ou de todo coñecen. Pregúntaslle por calquera cousa e eles teñen a resposta, iso si, unha resposta intrincada que ninguen salvo él pode comprender. Ademais tamén saben o que realmente ti queres preguntar e adiántanse ós teus reprimidos desexos, el sabe que querías, que devecías e morrías por preguntarlle polas similitudes entre Welles e Lynch e non so, pedirlle que calara para poder ver tranquilo "Con faldas e o tolo".

3.Esto xa o mencionei pero recalco no tema. Eles nuca van ver nada, eles so van para certificar a calidade ou ausencia de calidade dunha obra. Sen o seu avezado criterio a humanidade caería na desgracia e non sabería que ver, que oír, que criticar ou que facer e caeríamos nunha era de anarquía, volvería o nazismo e a quema de libros e a sociedade desintagraríase, ou polo menos eso é o que eles deben crer.

4.O cultureta sempre debe ir cool, e facer cousas fashion e alternative. Nunca verás a un tomando unhas cañitas nun bar a media tarde, tampouco nunha discoteca (que vulgar), eles están en pubs modernos onde poñen música trance alternativa e grupos indie case descoñecidos. Tamen so admiran directores oscuros sobre os que hai poucos datos e menos pelis, serie que nunca se emitirán fora do país do orixen (Inglaterra no 80% dos casos) e libros de autores difíciles de ler e se algo isto faise popular repudian del

5. O cultureta ama e defende a capa e espada todo o local, pero en realidade adora o estranxeiro. Un bo gafapasta ensalzará virtudes do cine español non comercial, pero pregúntalle cantas pelis de Buñuel e Berlanga veu e veras a resposta (xa non diremos de Almodóvar, ó que adora e idolatra, pero do que so veu unha vez Tacones lonxanos e porque se trabucou de sála). Xa non diremos en literatura, onde irá a tódolas presentacións habidas e por haber dos autores galegos para defender a cultura en língua rosaliana, cando eles a única poesía de lingua vernácula que se saben é as dúas primeiras estrofas do himno e unha de Iolanda Castaño.

5. Rexeitan a modernidade, e todo o que representa, exercendo así un posmodernismo borreguil e desfigurado. Nunca os verás comprar un cd, eles sempre preferirán o sonido dun vinilo, eles non ven a tele, escoitan a radio. Pero pídelles que deixen seu Ipod, que lle quiten o seu Imac e seu Ibook e empezarán a chorar.

6. Son seres urbanos (así que se vives nun pobo ou aldea, felicidades). Aman todo o urbano, o arte urbano, visten urban casual, e encántalles a arquitectura urbana. Se non houbera cidades extinguirianse en dous segundos por alta de fume e cineclubs.

Para o final, recordar que esta tribu non se compon exclusivamente de homes, se non que hai unha gran multitude de mulleres culturetas, que acabaran liandose con jevicarras musculosos para desgracia dos machos da especie (que se teñen sorte acabaran cunha pija destrozanervios).

viernes, 19 de marzo de 2010

Pataforma nova, vida nova

A grella galega acaba de mudarse a Blogger, deixando atrás o noso querido (pero inestable) lugar en Wordpress para adentrarnos nun novo mundo. Os que coñezan o blogue sabrán xa de que vai e tamén de que pes coxea, pero para a xente que poida entrar ágora nova gustaríame deixar claro de que vai a cousa.

Este é un blogue ante todo de humor, dun humor con bastante mala baba ademais, pero que ninguén se ofenda nin se escandalice, é so para botar unhas risas. Nos seus inicios pretendeu ser un blogue de humor sobre a televisión (de ahí o título do blogue, grella tamén significa "parrilla" no ámbito da televisión), pero enseguida cambiou de rumbo e diversificouse, tocando temas diversos, según se me ocurrían ideas que me parecían divertidas para posts. Aclarar tamén que é un blogue integramente en galego, e non é que sexa nacionalista, pero coma me costa máis escribir en galego que en castelán propúxenme facelo así para acostumarme e así quedou.

Por último, quero dar a benvida a todos os lectores que entren aquí, na nova casa da grella, e espero que se divirtan e se rían un cacho, ademáis prometo non subir youtubes cando non teña ideas.