É unha fermosa mañá de setembro cando Helena María chega a porta do pazo tras atravesar a praza, nada máis chegar usa o petador de ferro, antigo e carcomido para chamar.
- Que quería vostede?
-Boas, viña a pedir traballo, miña nai está na cárcere por mariscar sen carnet e meu pai abandonounos para buscar a fama como o entrenador de fútbol do Rápido de Bouzas. Necesito un traballo e vin un anuncio dicindo que pedían xente para a vendima. Por favor estou desesperada.
-Agora mesmo temos sufiente xente para empezar, pero permítame que o fale co amo.
-Conde! Ten aquí unha xovenciña que pregunta por traballo.
- Deixea pasar ó xardín para que fale con ela.
A nosa heroina entrou dentro do pazo, a un xardín con plantas típicas e auctótonas da zona do Salnés (eucaliptos, orquídeas e kiwis). Cando viu o conde, o seu corazón latiu de maneira veloz, a súa mente nublouse e viuse invadida por sensacións indescriptibles, perdido na súa mirada hipnotizante e no seu escúltureo e apolíneo corpo (ou sexa que mollou as bragas porque estaba bueno).
-¿Qué temos aquí? así que queres traballar aquí, non sei porque unha rapariga tan bonita querería enlixarse as mans collendo uvas, pero sempre poderemos atopar un oco? Polo de agora podes irte familiarizando cos viñedos
-Moitas gracias, estareille agradecido de por vida.
Unha vez chegou a zona das vides, unha muller ancha cun pano na cabeza e un capacho de uvas na man, miroulle díxolle con desprecio.
-Vinte co conde e vin como lle mirabas. Que saibas que é meu, ademáis non lle poden gustar as lerchas esmirriadas coma ti, a él vanlle as mulleres de verdades, as mulleres capaz de levantar capacho tras capacho e andar na fresadora.
Entre as viñas unha sombra humana estaba espíando a Helena María e mais a Mucha.
Quen será a sombra dos viñedos? Competirán Mucha e Helena María polo amor do conde? Logrará o pai de Helena María triunfar como entrenador de 2 rexional e reencontrase coa súa filla? Todo isto e máis no seguinte capítulo de paixón de Fefiñáns.
Apetecíame facer algo diferente para o blogue, e aquí vai o primeiro capítulo da primeira telenovela Boliviana galega adicada a miña ávoa que tantas tardes se pasou vendo Rubí na TVG, e aclaro que calquer parecido da ambientación coa ficción e pura coincidencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario