jueves, 14 de abril de 2011

Xabarín Club 1

Empeza con este post un pequeno monográfico recuperado sobre o programa que máis influencia tivo na miña xeración, case ata autodesignarnos co seu nome. Falo do programa da cadea galega: O Xabarín Club, que fai uns poucos anos, por algunha decisión aínda incompresíble decidiron colocar na grella a iso das 10 da mañá (que claró é cando todo os nenos ven a tele, ou a verían se non estivésen na fodida escola)

Empezarei tirando da whikipedia como ser repugnante que son: O xabarín club foi un programa creado en 1994 (co cal pouco me podo acordar do seu nacemento) por Antonio Blanco e a súa etapa de maior éxito rondou sobre mediados-finais dos noventa.

O xabarín consistía e consiste na idea (nunca usada, por certo) de ir enlazando series de debuxos animados introducidos por un presentador mentras se intercalan trucos de maxia, actuacións musicais e concursos, e cun clube dos que os nenos podíanse facer socios, por un módico prezo . O orixinal do xabarín é que en vez de que os presentadores foran tipos de 30 anos finxindo ser adolescentes "super cools" e "super mega guays", púñase a un debuxo animado no seu papel que ademais de resultar menos pesado, non cobraba, nin pedía aumentos, nin se facía vello (desvantaxes os directores tiñan menos alegrías nos castings, xa se me entende...).

Como animal animado decidiuse poñer a un animal que fose rockeiro (por iso de atraer a xuventude) e enxebre co que finalmente elixiuse ó xabarín (o can de palleiro foi incriblemente descartado pese a cumplir tamén os dous requisitos). O debuxante do xabarín foi o, xa daquelarecoñecido Miguel Anxo Prado, que é máis coñecido e apreciado fóra que aquí, e a voz a de Juanillo Estebán, que non sei quen é, pero saía na Whikipedia. O único fallo no pensamento dos creadores foi poñer o escenario do programa nun informativo porque pregúntome: ¿Que carallo fai un xabarín presentando un informativo? e ¿Porque como presentador de informativo considera máis importante poñer o Manda truco, Dragon Ball Z ou un videoclip dos Blood filloas á falar sobre as revoltas en Oriente Medio ?; pero a estas cousas éche mellor non buscarlle a lóxica.

As seccións máis importantes do programa eran:

a) As series: Das que ata fai pouco o 80% eran anime xaponés en galego e o resto (sobre todo o comezo) era algunha americana destas de risa (Os picapedra, Rocky e Bullwinkle, cousiñas de Tex Avery)

b) Os videos musicais: Onde grupos non demaisado coñecidos (exceptuando a siniestro total) cantaban cancións maioritariamente de estilo rock punk e indie, de temas variados (dende unha oda o futbolin a encontrarse cun extraterrestre pasando por un psicodélicoconto infantil contra pepiño grilo).

c) O manda truco: sección onde unhas mans (que a saber de quen serían) ensinaban trucos de maxia

d) As felicitación dos socios que estaban no cumpreanos: Onde poñían a foto dos agraciados e o seu nome e que sempre que estabas de cumpleanos buscabas, pero nunca acadábas atopar, porque no xusto momento en que a pasaban alguen cambiou ou acababan de vir da publicidade e ti inda non cambiaras cara a galega ou estabas no baño.

e)AS películas dalgúns fins de semana. Polas mañás dalgún fin de semana ó mes (sobre todo en festas ou en vrán) emitíanse películas de animación en galego, normalmente baseadas en cómics europeos, xa fóran Tintín, Lucky Luck e sobre too, sobre todo, sobre todo Asterix.

f) Outras das que me olvidei ó escribir isto ou que non lembro en que consistían (o doutor TNT)

No hay comentarios:

Publicar un comentario