miércoles, 25 de mayo de 2011

Guía do autoestopista galáctico

Con motivo do día do orgullo friki, que personalmente parece unha parida como a copa dun pino (si mirademe son diferente e e por iso vístome e actúo en comparsa nun desfile cun montón de xente que son iguais ca min) e do día da toalla, que tampouco celebro pero que ten algo máis de sentido (facer unha homenaxe diferente a un escritor) vou falar dun xénero que normalmente vese asociado ós frikis. De feito isto, os comics e os videoxogos forman a triada das aficcións polas cales te consideran un ser asocial, na maioría porque moita a xente que as reivindica, reivindica tamén que é bo ser asocial, supoño, que, porque...bueno porque naceron setemesinos ou algo así.

Falo da ciencia-ficción, do Sci-Fi ou do Ci-Fi (ou como diría miña avoa "as cousas esas raras dos cobetes no espazo"), e en concreto falarei dun dos mellores libros do xénero que deu coma fruto unha das peores adaptacións ó cine: A guía do autoestopista galáctico.

Para quen non lera o libro é máis que recomendable facelo, non é moi largo, é facilmente accesible para todo o mundo (aínda cara aqueles os que nos lles entusiasma a ciencia ficción) e asegura máis dun par de horas de risa. Tamén ten varias continuacións nas que practicamente no fai falla terse lido os anteriores para enterarse porque non parten do mesmo (bueno no caso do segundo tampouco fai falla, pero sí sería boa idea lerse o primeiro). Pero deixemos de falar de cousas boas e pasemos a falar da bazofia que a película.

Tanto a película como o libro segue as peripecias de Arthur Dent o único hombre supervivinte da terra,, totalmente normal, que cando van a derribar a súa casa para construír unha autoestopista é advertido por un amigo seu que resultou ser un aliénixena, de que van a derribar a terra, e que no último momento os salva. O título é o do libro máis importante do universo, a guía do autoestopista galáctica no cal traballa o amigo de Dent, pero mentres que o libro consigue fíar e manter de forma que resulta case consecuencias lóxicas (o cal é incríble tendo en contra todo o absurdo e ilóxico do libro), na película resultan escenas semisoltas pouco fiadas.

Isto non quita que a película sexa entretida, nin graciosa, que o é, pero todo o gracioso e entretido que ten débello o libro, non ten nin unha pizca de orixinalidade, e as poucas que ten resultan ser as menos divertidas. Por outro lado os efectos especiais son esaxerados e pouco cribles, iso si, o feito de ver un  home con dúas cabezas (unha mal animada) resulta bastante máis razoable é menos forzado a vista que as propias actuacións dos protagonistas, que cando non son sosímas, son tremendamente esaxeradas. Como dato, o mellor actor da película é maldito robot depresivo con voz monótona, creo que isto basta para darse unha idea.

Non vou mencionar cambios na trama (que no fondo non son tan graves) e demáis para non crear spoilers innecesarios, só direi dous consellos: Sempre leva unha toalla e Non teñas medo. Ahhh e 42.

2 comentarios:

  1. O libro é un dos meus eternos pendientes, pero tendo un par de libros de William Gibson e varios de... si, de Dune, creo que seguirá sendo así.

    Con respecto da película... Si, a min tamén me parece unha merda, e iso sin ler o libro. Tamén hai unha miniserie que ten o meu jdownloader botando fume agora, pero lin por ahí que tamén é merda xD

    ResponderEliminar
  2. A Guía... é en orixe unha serie radiofónica da BBC, adaptouse á literatura (hai pouco traduciuse ao galego), á televisión (esa serie da propia BBC que comenta TheWriter), ao cinema (o devandito filme merdalleiro) e tamén ao videoxogo, en concreto unha aventura conversacional escrita por Douglas Adams. A conversacional está ateigada de rúas cegas e mortes, o que sempre me resultou un potente inhibidor. Recentemente tivo un remake transformándoa en aventura gráfica, dando a opción de xogala en modo miñaxoia, eliminando as rúas cegas: http://h2g2remake.wordpress.com/

    Abur e graciñas polo peixe.

    ResponderEliminar