domingo, 1 de mayo de 2011

A aventura máxica de merliño

Hoxe, na nova sección "Vida fóra da pequena pantalla" analizaremos uns dos femómenos máis misteriosos e inquedantes que se dan na zona coñecida como Galicia; xa que vamos falar na nosa teverna do misterio (Soa musíca terrorífica "Tiene nombres mil, tiene nombres mil, el miem...", óese un grito: "No tan terrorífica", Soa música terrorífica pero non tanto) dos xogos de ordenador en galego.
En concreto centrarémonos en dous: A aventura máxica de Merliño e Lugo no Tempo. O primeiro unha aventura gráfica educativa e a segunda unha aventura gráfica política?, educativa?, turística?. O que demostra que as aventuras gráficas sempre interesaron ós galegos ou moítisimo menos problable, que só se fan porque costan menos de facer.
Merliño: A aventura máxica de Merliño é unha aventura gráfica ( de ahí o de aventura) que transcurre no entorno máxico/mitolóxico de distiontos pobos e cidades de Galicia (de ahí o de máxico) e que é máis fácil de pasar que ata o kirby máis sinxelo. Foi producida e creada polos estudantes de último curso do UV (Universidade de Vigo, por iso tódalas localizacións están en Coruña, se non son listos nin nada). Os gráficos do xogo non están mal para unha aventura gráfica independente, pero a historia xa é outra cousa. O protagonista, o que chamaremos rapaz pesado (pero que se chama Merliño), está de vacacións na casa da súa avoa na aldea, esta vaise facer uns recados e deixao a el na casa. O rapaz sube e encontra un libro que ó abrirse desata ó mago Xerión ó que venceu Hércules e de paso a un trasgo axudante (que no xogo dache axudas moi vagas e levate a outros sitios só se lle das un obxecto relacionado con eles) A isto a avoa volta e o rapaz pesado cóntalle o estropicio que fixo ( isto pasa por deixar rapaces de 12 anos sós nunha minicasa no medio do bosque sen Play nen Internet, abúrrense e acaban desatando o mal sobre a Terra) e en vez de chamar a alguén que lles axude ou facer ela algo, como boa avoa que é respóndelle o equivalente a se ti o rompeches, ti o arreglas.
O xogo sigue transcurríndo por diversas localizacións (San andrés de Teixido; Un castro; As covas do rei centolo; Ribeira, Santiago e A Coruña) onde seguindo as regras típicas destes xogos coñeces a diferentes personaxes (destacados O Borracho e O membro da Santa Compaña, o resto son moi prototípicos e sen carisma) que a cambio de facer cousiñas sen importancia danche pistas sacadas das lendas populares para vencer os malos malosos (tamén saídos das lendas) que son a saber: a Muller 10 que enfeitiza ós homes, Mouro, versión malvada do Trasgo bo (que por certo con dous frases que di e é o personaxe máis decente), unha bruxa calqueira e Xerión. Conseguir pasa-las probas e bastante sinxelo e a forma de vencer a Xerión en tan fácil que me da pena ata comentala, pero ningún feiticeiro poderoso que so puido ser vencido por Hércules merece ser vencido por un rapaz de 12 anos e só gracias a que sabe un par de contos populares.

O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.
O hermano pequeno e marxinado do xigante verde.
Na próxima entrega de "Vida fóra da pequena pantalla" seguiremos cos Ghalisian Ghames destripando Lugo no Tempo, o videoxogo no que tomas unha decisión que fará que toda a xente te odie, salva-lo alcalde.

3 comentarios:

  1. Non coñecía "Lugo no tempo", ten pinta de ser obra cumio da caspa aventureira. Hai unhas cantas aventuras máis en galego, de carácter educativo e escaso interese, como "O misterio das 7 pezas": http://www.culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm ou "As enerxías renovables: o futuro nas túas mans". Aventura propiamente dita, sairá en breve (hai xa demo, pouco afortunada, e só en castelán) AR-K do estudio coruñés Gato Salvaje, será distribuída en formato episódico e está completamente dobrada ao galego por habituais da TVG (María Castro, “Morris”, Miguel Pernas, Andrés Bellas, Nacho Castaño, Roberto Reboiro, Santiago Fernández e Dani Lema).

    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Saudos

    Xa coñecía o proxeto de AR-K é a verdade parece que vai ser por primeira vez un xogo de calidade en galego. Ademáis o formato episódico paréceme perfeto (a Telltale vaille de maravillas con él e son dos grandes actuais)

    Lugo no Tempo non é tan mala como parece, pero si é casposa e tópica ata máis non poder, pero xa se analizará no seu momento. e grazas polo nome para futuro material (bueno fixo que son tan sosas que nin para medio chiste darán, pero bueno...)

    ResponderEliminar
  3. Para estudios pequenos como Gato Salvaje, é moi boa opción porque poden financiar os vindeiros episodios coa venda dos anteriores. A nivel artístico, non acostuma a selo, porque se presenta un todo fraccionado, o xogador quédase a medias e cando sae o seguinte episodio, xa case nin se lembra do anterior. Historia diferente é cando se fan episodios autoconclusivos, pero iso sucede en menos ocasións, e non é este o caso.

    Saúdos

    ResponderEliminar